^ Ir arriba

novas

Xoves, 11 Febreiro 2021 16:33

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Dende o noso goberno sumámonos un ano máis á celebración desta xornada mundial na que se quere recoñecer o valor das científicas, que HAI e HOUBO na nosa sociedade. Pero tamén ir máis aló fomentando o interese pola ciencia e a tecnoloxía nas novas xeracións, nas nenas, poñendo ao seu alcance a información necesaria para que coñezan as opcións que hai ao seu alcance para desenvolver as súas vocacións futuras nas ramas de ciencias e tecnoloxía.
Esta conmemoración serve para lembrar o papel fundamental que as mulleres e as nenas representan na ciencia co obxectivo de fomentar a súa participación de forma plena e equitativa, así como conseguir o seu acceso a ela nos mesmos termos e posibilidades que os homes.
Estas foron as razóns, xunto co fin de lograr a igualdade de xénero e empoderamento de mulleres e nenas, que levaron á Asemblea Xeral das Nacións Unidade a proclamar fai cinco anos o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Unha celebración que debemos estender aos 365 días do ano para lembrar a todas as mulleres científicas que acaladas durante anos, e nunha loita pola igualdade neste ámbito acabando con estereotipos establecidos desde hai anos e que segue presente nos nosos días.

cartel_dia_mujer_nina_436X436-e1612950420313.jpg