A música e espectáculo das grandes orquestras regresa esta fin de semana a Gondomar, coincidindo coa celebración das súas festas patronais. Este sábado 10 de xullo o grupo ASSIA actuará no parque das Cercas a partir das 22.00 horas, mesmo lugar onde o domingo 11 soarán os temas da orquestra Marbella.
Os interesados en asistir deberán reservar a súa entrada a través do despacho de billetes electrónico https://taquilla.concellodegondomar.gal/ que será gratuíta pero servirá para acceder ao recinto hasta completar o aforo de 330 persoas permitido neste momento. Ademais esixirase o uso da máscara durante toda a actuación.
Desde a concellería de Cultura apelan á colaboración e responsabilidade da cidadanía para garantir “que podamos gozar de boas actuacións sen poñer en risco a nosa saúde nin a dos demais, tal e como os veciños e veciñas de Gondomar demostraron ata o momento.”
Entre os días 9 e 12 de xullo Gondomar renderá homenaxe ao seu patrón San Bieito cunprograma deseñado para a ocasión no que xunto aos actos litúrxicos e as tradicións, non faltará a música para gozar das festas patronais do municipio.
A festa arrincará o venres 9 co concerto de "La Banda de ayer" na Praza Paradela. Concerto ao que se sumarán o do grupo "Assia" o sábado 10, na pista de As Cercas; o mesmo esceario onde actuará a "Orquestra Marbella" o domingo 11; e, pcoa actuación de "La Patrulla" que poñerá o broche final a estas celebracións.
No programa de festas de San Bieito non podemos esquecer a tradicional "Caravana de San Cristovo" con saída desde Couso, o sábado 10 ás 11.30 horas ou os actos litúrxicosque se desenvolverán durante os catro días, así como o concerto da Agrupación Musical de Vincios, o domingo 11 ás 13.00 horas.
¡Non faltedes, esperámosvos en Gondomar!
Consultade o programa
Máis de 150 usuarios participaron este ano nas Escolas Deportivas de Gondomar, que viron reducida a súa duración como consecuencia da pandemia, pero aínda así foron un éxito de asistencia.
O goberno de Gondomar, a través do seu departamento de Deportes, dirixido por Nuria Lameiro, clausurou as Escolas Deportivas que veñen celebrando nas instalacións municipais dende o pasado mes de abril. Os seus usuarios dinlles adeus coa confianza de poder repetir o próximo curso e xa en condicións acordes á normalidade que “todos estamos desexando recuperar canto antes e cara á que camiñanos”, afirmou o rexedor Paco Ferreira.
Entre os meses de marzo e xuño os participantes nestas Escolas, suxeito o seu desenvolvemento en todo momento ás normativas COVID19 que se ían marcando e medidas de seguridade sanitarias, puideron gozar do deporte, iniciándose en moitos casos en modalidades que ata o de agora non probaran.
Escolas pensadas para toda as idades e que na edición 2020-2021 ofreceron ximnasia de mantemento, iniciación ao deporte, judo, balonmán, baloncesto e patinaxe, cubríndose toda as prazas dispoñibles en cada unha das modalidades.
O "miniecopunto" de recollida e reciclaxe de Residuos Eléctricos e Electrónicos (REES) da Concellería de Medio Ambiente de Gondomar segue o seu percorrido polas parroquias do municipio, onde a veciñanza estalle a dar moito uso.
Quenda agora para Morgadáns onde o miniecopunto permanecerá no Centro Cultural de San Roque, facilitando a reciclaxe destes residuos á vez de que se conciencia ás novas xeracións deste tipo de políticas que favorecen o coidado do medioambiente e futuro do noso planeta.
Esta iniciativa enmárcase dentro do proxecto Estratexia Sostible Transfronteirizapara a Xestión de Residuos e Aparellos Electrónicos (ESTRAEE), promovida pola Deputación Provincial e á que se adscribiu ou concello de Gondomar.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xunto ao seu equipo de goberno e o arquitecto Pedro Souto, redactor do futuro proxecto de humanización e peonalización da Praza Rosalía de Castro participaron este xoves nunha asemblea aberta e informativa para expoñer a iniciativa e aclarar as dúbidas que poidan existir respecto a ela.
Tal e como explicou con este proxecto o goberno de Gondomar concorre á subvención Ágora da Deputación de Pontevedra que podería supoñer un investimento dun millón de euros, cantidade que atendendo aos criterios establecidos -e relacionados coa Axenda 2030 cara á que camiñan todas as cidades, vilas e países- esixen gañarespazos para os cidadáns, tal e como se aposta co proxecto de Rosalía de Castro, explicado este xoves.
O alcalde Paco Ferreira pediu aos veciños que confíen neste tipo de iniciativas e agradeceu a oportunidade que brindan ao goberno local de poder compatibilizar sensibilidades que non están rifadas co progreso e futuro do municipio e a súa sustentabilidade. “Entre todos, sen dúbida, faremos un Gondomar máis grande e mellor”, concluíu o rexedor.
Administración Electrónica, Igualdade de oportunidades, atención sociosanitaria a enfermos de Alzheimer, entre outros, son as actividades que se poderán cursar nesta iniciativa, cofinanciada pola Deputación Provincial de Pontevedra.
A concellería Igualdade, dirixida por Nuria Lameiro, inaugurou o primeiro dos cursos de formación on-line que o seu departamento desenvolverá entre os meses de xulio e agosto, nos que se impartirán un total de 265 horas nas que se abordarán diferentes temarios relacionados directamente coas demandas do mercado, co fin de facilitar a posibilidade de acceder a un posto no mercado laboral, ou mellorar as capacidades para promocionar nel.
Algo máis dun centenar de persoas interesáronse por esta actividade, que vénrepetindose nos últimos anos, sendo finalmente un total de 90 os que accederon aoscursos ao ter unha capacidade máxima cada un de 15 alumnos/as.
Hixiene e manipulación de alimentos, con cinco horas de duración, foi o curso que inaugurou esta nova edición, ao que lle seguirán o ensino do inglés para nenos de 1 a 3 anos; organización de actividades en institucións sociais; atención sociosanitaria a persoas enfermas de Alzheimer; administración electrónica 2021 e Igualdade de oportunidades.
O concello de Gondomar, a través da súa concellería de Medio Ambiente, segue adiantecoa súa política de promoción da compostaxe como medio para reducir a xeración de residuos orgánicos.
Un obxectivo no que se atopa unha resposta positiva por parte da poboación como demostra a nova entrega que se realizou hoxe unha nova entrega de composteiros individuais, sumando así un total de preto de 400 en case dous anos.
Esta proba, dirixida aos nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, é unha carreira na que a competitividade queda a un lado para dar paso a intresdivertidos e unha experiencia distinta para os participantes.
A proba, organizada polas concellerías de Deportes e Xuventude, dirixidas por Nuria Lameiro, celebrarase o próximo 7 de agosto no Parque da Coelleira. Nestaocasión haberá 400 prazas e os interesados xa poden facerse coa súa inscribíndose entre o próximo luns, 5 de xullo, e o 5 de agosto na oficina da Omix, no teléfono 986.369 746, ou a través da web www.chapionchipnorte.com.
Os participantes son pequenos ou pequenas de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos que deberán ir acompañados por un adulto, e as prazas adxudicaranse por ordede inscrición.
Na súa terceira edición, Gladiator Kids de Gondomar, desenvolverase en douspercorridos diferentes adaptados á idade dos participantes. En todas eles as nenas e nenos poderán poñer a proba as súas habilidades fronte os obstáculos que deberán ir sorteando nun reto que se caracteriza polo seu carácter lúdico e non competitivo, “sendosempre o máis importante a diversión e o intre que se comparte en familia”.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro, inauguraron esta mañá unha nova edición de Gondoverán, o campamento urbán que regresa tras a suspensión motivada pola pandemia o pasado verán.
Un total de cen pequenos e pequenas gozarán en xullo de numerosos xogos e actividades creativas, culturais, medioambiental e excursións. Experiencias que semprepotencian os valores baseados na empatía, cooperación e na educación na igualdade e os hábitos saudables.
Gondoverán 2021, financiado pola Deputación Provincial de Pontevedra, celébrase este ano baixo o lema "Por arte de maxia".
A concellaría de Deportes pon en marcha un ano máis actividades deportivas nestesmeses de verán para grandes e pequenos na súa aposta por fomentar hábitos saudables.
Todos os martes e xoves dos meses de xullo e agosto, entre as 20.30 e 21.30 horas, as pistas de baloncesto de As Cercas convertiranse nun ximnasio ao aire libre con clases de mantemento e, aerobic para aqueles/as que queran pasar un bo rato e manterse en forma.
Vinde e vivide o deporte con nós!!
O Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, aproveitou para poñer ao corrente ao Presidente da Xunta sobre o proceso de reordenación do Parque Industrial da Pasaxe, cuxas obras da Fase I se porán en marcha en breve, e na que está prevista a construcióndunha estación de tratamento de augas, cuxo orzamento ascende a preto de 500.000 euros.
Neste punto Paco Ferreira trasladoulle ao presidente galego a posibilidade de que a Xunta habilite unha partida económica para asumir a construción da planta, minimizando así os investimentos que os empresarios do polígono deben realizar para financiar este proxecto, en virtude do convenio asinado no seu momento co concello de Gondomar.
Destacou a importancia da futura ETAP que subministrará auga a todo o polígono industrial da Pasaxe, que está destinado a converterse nun referente do solo industrial en Galicia cunha superficie de 600.000 metros cadrados e a creación de máis de 7000 empregos directos.
Sobre a mesa tamén a posibilidade de estudar que a Xunta asuma parte do estudode busca de novas captacións de auga do río Zamáns para garantir, ademais do subministro a todo o polígono industrial e a nova ETAP, tamén garantir o abastecemento ao municipio.
Un ano máis Gondomar súmase á celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ demostrando a nosa aposta real e sincera por unha sociedade igualitaria e a favor da integración de todos e todas, coas súas diferenzas, esas que os e as fan característicos/as e únicos/as.
Unha idea que debemos defender con máis forza ante o avance de forzas políticas e sociais que perseguen a diferenza con mensaxes de odio inaceptables en pleno século XXI. Un traballo no que temos que ir da mán cidadanía e administracións.
A Concellería de Cultura presenta este venres un novo vídeo editado no que avanza parte do amplo programa cultural, con máis dunha trintena de actos, que desenvolverá entre os meses de xullo e setembro, logrando unha vez máis implicar a propios e estraños na súa produción e resultado final. Cun elenco de máis de cen intérpretes Gondomar recrea a súa versión do clásico “Grease”.
“Recuperamos practicamente a normalidade neste verán no que queremos agradecer a nosa veciñanza os esforzos realizados durante estes dous últimos anos de restricións”, afirma o alcalde Paco Ferreira quen engade “que quixemos preparar un programa no que teñan cabida todos e todas, grandes e pequenos, con deporte, teatro, cinema, música e outro tipo de actividades”.
Unha programación que se irá descubrindo nos próximos días, pero que como xa vén sendo habitual no actual goberno ten o seu punto álxido no videoclip presentación, que este ano elixiu o conocidísimo tema “Summer night” do clásico “Grease” para facer unha versión propia na que Gondomar e as súa xente convértense nos protagonistas. O edil de Cultura, Juan Bas, agradeceu a implicación de “cada unha das persoas que participou nel durante este mes de traballo que nos levou facelo realidade”.
Electo de máis de 100 persoas
Asegura o edil sentirse sorprendido pola resposta obtida á hora de poñer en marcha a iniciativa. “O boca-orella, sen dúbida, converteu Gondomar nun referente cultural e foron moitos os que viñeron doutras localidades para sumarse á idea”. É o caso dos integrantes da Asociación Harley Davidson de Vigo ou as integrantes da compañía teatral “Olivas Negras”, xunto a visitantes de municipios de Santiago, Ourense, Bélgica e, tamén da área do Val Miñor, “así como os gondomareños e gondomareñas que sempre están dispostos a sumar a favor do noso concello”, apunta o edil.
A cantante Lucía Doval adaptou para esta ocasión o tema “Summer night” cuxa interpretación correu a cargo do Coro de San Vicente de Mañufe, logrando un “resultado final perfecto no que traballamos moito pero con moitísima ilusión, por iso confiamos en que sexa do agrado de todos”. Cinco compañías de danza deron forma as coreografías: L’Danzia; Danza Paradela, Asociación Danza Gondomar, Danzarte, e a Escola de danza Media Punta de Vigo.
Programa
Ao longo do videoclip os protagonistas percorren distintas localizacións de Gondomar á vez que preguntan -como no clásico de Grease- “conta máis, conta máis” para saber como organizar a súa axenda durante o verán e non perderse nada do que se programará en Gondomar.
O edil lembra que “un ano máis buscamos unha programación na que podamos chegar a todo o público, independentemente da súa idade: maiores, novos, cativada ou familias completas. Buscamos achegar a cultura a todos, nun paso máis de apoio a outro dos sectores seriamente danados pola pandemia”.
Máis dunha 30 de actividades están programas e daranse a coñecer nos próximos días e non faltarán o ciclo de “Cinema na rúa”, teatro, danza, concertos, festas patronais, ás que se suman actividades deportivas para os máis pequenos, campamentos urbanos ou os roteiros turísticos do programa “Descobre Gondomar”, entre outras.