O proxecto convértese nunha iniciativa pioneira na que tamén se quere dar o espazo necesario ás mascotas que, nos últimos anos, multiplicaron a súa presenza nas nosas sociedades.
“É unha gran satisfacción como alcalde poder inaugurar este gran espazo lúdico para a nosa cidadanía”, manifestou o rexedor de Gondomar Paco Ferreira, quen lembrou“que atende unha demanda de moitas persoas que reclaman lugares nos que sexa posible a convivencia de mascotas e os seus donos, co resto da poboación”. Obxectivo que entende “sitúanos no camiño marcado desde a Unión Europea de fomentar a construción e desenvolvemento de cidades máis sostibles e inclusivas”.
O proxecto do parque lúdico canino, redactado polo arquitecto Pedro González Souto, cun prazo de execución de dous meses e un investimento de 84.920 euros, a cargo do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra, desenvolveuse sobre o solar municipal da Avenida Curros Enríquez onde estaba proxectado o polémico tanque de tormentas da Xunta de Galicia para o municipio.
En total actuouse sobre unha superficie de 3000 metros cuadrados que unha parte importante destinouse ao recinto específico para as mascotas, e o espazo restante a “un parque con tramos diferenciados cun merendero, unha pérgola e unha zona cuncircuíto biosaudable”.
Parque canino
O parque canino dotarase de diferentes elementos como aneis de salto, mesas caninas, pasos, ramplas ou corredores para os cans que darán forma a un circuíto“Agility”, modalidade que combina a disciplina e o deporte a través dun percorridocomposto por eses elementos que os animais deberán superar acompañados polos seusdonos, preparatorio en moitas ocasións para distintas competicións dos animais.
O recinto estará valado para posibilitar que os cans poidan estar soltos no seuinterior e tamén dispoñerá, ademais das zonas verdes, dun amplo areal para os animais. Un parque que, tal e como explicou o rexedor, “terá unha orientación pedagóxica para que todo o que teña un animal saiba como actuar con el” para o que se estuda a posibilidade de impartir cursos gratuítos de adestramento con especialistas.
Lugar de convivencia
O alcalde subliñou a importancia e o ambicioso do proxecto porque está pensado para todos e todas, polo que tamén se contempla a construción dun roteiro biosaudableque estará dividida en tres subzonas, unha adaptada, outra para dúas persoas e, finalmente, unha que dará cabida a sete usuarios simultaneamente.
Complétase esta superficie cunha unha zona destinada ao descanso e esparexemento dos viandantes, na que se instalaron mesa tipo merendero, unha pérgola e mobiliario urbano adaptado ao proxecto como bancos e papeleiras ao longo de todo o percorrido no que se instalarán catro fontes e a correspondente iluminación.
“É un gran paso o que damos con esta obra, pero o primeiro dun proxecto máis ambicioso como é a construción dunha senda fluvial”, lembrou Paco Ferreira, que confía que pronto sexa unha realidade o acondicionamento da marxe fluvial do Miñor que partirá desde o recentemente estreado parque lúdico canino ata a ponte románica de Mañufe, con 1,2 quilómetros de lonxitude.
O Concello de Gondomar e Espina & Delfín, empresa concesionaria do servizo de auga, fomentan o consumo responsable de auga coa campaña “Está na túa man, pecha a billa cando toca”. O obxectivo desta iniciativa é concienciar aos veciños da importancia de realizar un uso axeitado dos recursos e anticiparse ás situacións de seca da época estival.
Esta mensaxe de sensibilización difundirase a través de carteis informativos que se colocarán nos edificios municipais, asociacións culturais e vecinais, nas instalacións do servizo municipal de auga e nas redes socias de ambas entidades.
A escaseza de precipitacións e as elevadas temperaturas que se esperan para os meses de xullo e agosto teñen un impacto nos caudais ecolóxicos dos ríos. Para poder manter as reservas hídricas durante o período vacacional é imprescindible realizar un consumo eficiente da auga potable.
Actualmente, a capacidade dos embalses da comunidade aínda presenta boas porcentaxes, pero o descenso é continuo. Na Confederación Hidrográfica Miño-Sil a reserva hídrica atópase nun 62,8 % en Galicia-Costa nun 76 %.
Esta campaña incide en consellos sinxelos e prácticos para aforrar auga como pechar a billa mentres cepillamos os dentes, ducharse en lugar de darse un baño, non usar o retrete como papeleira e utilizar a lavadora e o lavalouzas con cargas completas.
Tamén hai que ter precaución con actividades típicas deste época e, por exemplo, reducir o uso de auga para encher piscinas, lavar vehículos e regar os xardíns. Ademais, un bo consello para as persoas que marchan uns días de vacacións é pechar a chave de paso de auga da vivenda.
A súa instalación facilita a accesibilidade a todo o edificio e é un primeiro paso dentro da reforma integral que baralla o goberno local para este inmoble municipal.
O proxecto, redactado polo arquitecto Pedro González, contou cun orzamento do algo máis de 50.728 euros, con cargo ao Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra. A instalación do ascensor afectou o acceso e ao interior, respectando en todo momento o exterior do edificio.
Ademais do ascensor actuouse na entrada da Casa da Cultura adaptando o pavimiento á cota da vía establecendo así unha plataforma única no acceso do edificio e a súa planta baixa garantindo desta maneira unha total accesibilidade a ela.
O rexedor, Paco Ferreira, felicitouse por esta obra porque “supoñerá acabar cunha importante barreira arquitectónica, algo que perseguiamos desde hai tempo para facilitar as condicións de accesibilidade de todo o mundo que se achegase ata leste edifico, que ten máis de tres décadas de vida e que necesitaba non só esta reforma se non outros cambios que acometeremos”.
Lembrou que o plan de accesibilidade era un proxecto que no seu día quixopoñer en marcha pero que se topou con dificultades por parte doutras administracións, como ocorreu, por exemplo, coa instalación dunha rampla no acceso ao consistorio. Por iso “optamos por seguir buscando solucións e aproveitando os edificios dos que dispoñemos ou fomos recuperando”.
Así lembrou que o retorno do Centro de Saúde Antigo permitiu trasladar á súa planta baixa, con acceso accesible, o Rexistro Municipal, así como outrosdepartamentos como o de Benestar Social, Igualdade ou Medio Ambiento. Cambios aosque se sumará a reforma que pretende acometer na Casa dá Cultura en cuxa planta baixacontinúa a oficina de mocidade, e estúdase a posibilidade de convertela nun centro social para a terceira idade.
“É unha das ideas que temos sobre a mesa, sen descartar acometer reformas que permitan a localización da biblioteca – actualmente en proceso de catalogación- no resto do edificio, sempre buscando poñer ao dispor dos veciños os edificios municipais para o seu mellor uso e goce”, conclúe Paco Ferreira.
Baixo o título “Unha viaxe ao meu corazón” desenvólvese estas semanas no municipio un taller psicoeducativo, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Nuria Lameiro, centrado no traballo e xestión das emocións propias e alleas.
Un total de 30 nenos e nenas, de entre oito e 12 anos, do municipio participan nesta actividade, que se dividiu en dous grupos, finalizando o primeiro este venres cunacto de despedida ao que asistiu a edil de Xuventude, Nuria Lameiro e a técnica de xuventude, Alicia Sestelo, puideron ver os diferentes traballos desenvolvidos durante sete días, e que obxectivos agochaban cada un deles, explicados pola propia rapazada.
O obradoiro, dirixido pola psicóloga Paula Fernández Rodríguez, propón diversas actividades a través das que os participantes coñecen os sentimentos e emocións que unha persoa pode xerar. Recoñecelos e saber xestionalos adecuadamente en cada situación permitiralles converterse en persoas empáticas, resilientes e asertivas; comprender e xestionar non só as súas emocións se non as daqueles cos que se atopenao longo da súa vida.
Desde o departamento de Xuventude incídese na importancia de apostar pola intelixencia emocional e traballar sobre ela, incluíla no desenvolvemento das novas xeracións, razón pola que se organizou o obradoiro, que a semana que vén recibirá ao segundo grupo de participantes.
Dentro desta política que se promove desde a concellería naceu a iniciativa Falamos, charlas-taller dirixidas ao alumnado dos institutos e familias, nos que se abordan non só as emocións se non outras cuestións que adoitan converterse en punto de conflito ou distanciamento entre proxenitores e adolescentes
A actividade programada pola Concellería de Turismo para o próximo 22 de agosto "Descubrindo Gondomar" tivo unha gran aceptación e rápida resposta entre a xente. Proba diso é que en apenas catro día cubríronse as prazas dispoñibles.
Haberá máis ocasións para gozar de roteiros turísticos pensados para descubrir de forma divertida os encantos do noso municipio. Non deixedes de visitarnos!!
As concellerías de Xuventude e Deportes, dirixidas por Nuria Lameiro, anunciaron o cambio de data para a celebración deportiva familiar da proba Gladiator Kids, prevista para este sábado 07 de agosto, ao próximo 16 de outubro “confiando que entón a situación sanitaria do concello sexa moito mellor que a actual”.
O alto número de participantes, un total de 400, así como o número de familiares que os acompañen fan difícil garantir o respecto de aforos ao ser unha proba que cobre un percorrido con diferentes obstáculos. Co fin evitar aglomeracións de persoas tómase a decisión de trasladar a proba ao próximo 16 de outubro, a partir das 16.30 horas.
A organización respectará todas as inscricións actuais e só se retirarán aquelas cuxos participantes avisen de non poder asistir como consecuencia do cambio de data da celebración da III edición de Gladiator Kids.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, consolidou a compra da Casa Peralba,
situada na Avda Elduayen número 2, este xoves ante o notario, onde rubricouse a
compra deste inmoble histórico e os seus terreos a Fundación FUNGA, por un valor de
400.000 euros.
O alcalde Paco Ferreira mostrouse moi satisfeito tras “recuperar a Casa Peralba,
un inmoble que forma parte da nosa historia e que á partir de hoxe integrarase no
patrimonio municipal para poñelo ao dispor da veciñanza”. Por diante agora quedan
obras de rehabilitación e restauración para adecuar estas instalacións e buscar o mellor
uso para elas que, segundo o rexedor, “aínda que non hai nada decidido si temos claro
que pasará por uso lúdico, social ou cultural ao servizo dos nosos veciños e veciñas”.
Proceso adquisición
A firma ante notario completa as negociacións iniciadas hai meses cos
propietarios para adquirir a Casa Peralba así como o financiamento para poder asumir
os gastos de rehabilitación. Algo que foi posible tras a firma dun convenio de
colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
En virtude a este acordo o organismo galego achegará os 400.000 euros
necesarios para a compra da Casa Peralba e os seus terreos, cun prazo de reposición de
8 anos por parte do concello de Gondomar, que se compromete a acometer as
actuacións de recuperación “co obxecto de recuperar ámbitos en estado deficientes
como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do ambiente,
paisaxe e do territorio, co fin de mellorar a calidade dos cidadáns facilitando que poidan
gozar e iso”.
Casa Peralba, rehabilitación e uso
“Agora toca traballar e rehabilitar coidadadosamente este emblema da
arquitectura civil de Gondomar, con máis dun século de vida. Pensaremos que usos
darlle, pero sen dúbida serán aqueles que permitan o seu goce por parte da veciñanza,
ben sexa abrindo os xardíns para que se poida pasear por eles ou ben dandolle unha
función cultural, lúdico ou de servizo ao conxunto atendendo sempre a demanda social”,
explica Paco Ferreira.
A Casa Peralba ocupa unha superficie de 3.479 metros cadrados, dos que 463 m2
corresponden a superficie construída. O conxunto arquitectónico está integrado por
unha edificación principal e unha serie de construcións auxiliares e vivenda de servizo e
garda. Todas elas “constitúen un exemplo de interese da arquitectura ecléctica da vila
de Gondomar, destacando a súa sinxeleza compositiva de fábrica de granito dos seus
peches.”
Integrada no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, a Casa Peralba é un
“inmoble de gran interese para a súa posterior rehabilitación como equipamento
municipal” no que tamén se conserva un lavadoiro, un pombal, hórreo e franxas de
terreo con restos de columnas para emparrados.
“Un auténtico luxo que desde o goberno estamos dispostos a recuperar e
rehabilitar para os cidadáns de Gondomar”, explicou Paco Ferreira quen fixo fincapé en
que estas actuacións forman parte “da nosa filosofía de facer un Gondomar para as
persoas, integrando esta recuperación arquitectónica a peonalización executada na
Praza Paradela e sumandoa ás futuras actuacións como a da rúa Manuel Alonso ou da
Plaza de Rosalía de Castro coas que Gondomar avanzará cara á sustentabilidade e os
criterios que marca a axenda 2030 para vilas e cidades”, concluíu Paco Ferreira
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado pola concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro, despediron este venres aos pequenos e pequenas que participaban no campamento urbano “Gondoverán”, un total de cen cativos e cativas que prepararon unha coreografía para a súa despedida.
O campamento cubriu as súas cen prazas aos poucos días de abrirse os prazos de inscrición e desenvolveuse nas dúas quincenas do mes de xullo, con grupos diferenciados como “burbullas” e mantendo en todo momento as normas estipuladas pola normativa covid19 vixente no momento.
Unha situación que non impediu aos pequenos e pequenas sacar o maior partido das numerosas actividades que se desenvolveron durante a súa participación en “Gondoverán”, nas que non faltaron as excursións, os xogos, procuras de tesouro ou manualidades de todo tipo.
Baixo o lema “Por arte de maxia” desenvolveuse un programa completo centrado en potenciar valores baseados na empatía, a cooperación e na educación baseada na igualdade e hábitos saudables.
O alcalde agradeceu o traballo realizado polos monitores e monitoras durante todo o mes e recoñeceu o esforzo que supuxo traballar mantendo cada grupo burbulla “pensando sempre no mellor para os nosos pequenos e pequenas, e garantindo en todo momento a seguridade e a súa integridade”.
Unha filosofía que se mantivo ata o último día no que responsables do Sergas, en coordinación co Centro de Información da Muller (CIM), achegáronse ata o colexio Chano Piñeiro -base do Gondoverán- onde se ofreceu a oportunidade de realizar un cribado voluntario aos participantes.
A Concellería de Turismo, dirixida por Rocío Goberna, desenvolverá o próximo domingo 22 de agosto esta iniciativa cuxo obxectivo é dar a coñecer os principais atractivos de Gondomar a través dunha divertida caza do tesouro que se realizará por grupos.
A actividade, pensada principalmente para familias con nenos e nenas, ten como obxectivo dar a coñecer a contorna do municipio de forma amena e facilitando unha xornada de lecer e encontro familiar neste tempo de verán.
Os equipos deberán ter un mínimo de dous integrantes e un máximo de cinco, establecéndose dúas categorías: a dos “Pequenos Castores”, na que polo menos debe haber un menor de 12 anos e, a categoría “Exploradores” onde os seus integrantes son maiores de 12 anos. Unha vez establecidos os grupos só serán necesarias moitas ganas de pasalo ben e que veñan con roupa e calzado cómodo para cubrir o percorrido previsto no que deberán, seguindo as instrucións dun mapa que se lles facilitará na saída, localizar unha serie de puntos de control nos que se ocultan “pequenas recompensas”.
Cada un dos participantes establecerá a súa folla de roteiro e poderá cubrila como lle resulte máis doado para o grupo ou para facerse cos puntos. A proba ten unha duración prevista de dúas horas e media e, segundo a organización, “non deben esquecer o compoñente estratéxico, a toma de decisións e o traballo en equipo como claves para finalizar con éxito”.
Inscricións
O prazo de inscrición arrinca hoxe, 29 de xullo, e manterase aberto ata o 10 de agosto. Todos os interesados poderán inscribirse a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla., ao que deberán remitir o nome do equipo, o número de integrantes, así como o DNI e data de nacemento de cada un deles. Ademais deberán facilitarse un correo e un teléfono de contacto. Para máis información poderán chamar ao teléfono 678 874 985.
Once grupos participarán nesta actividade de lecer nocturno, organizada pola Concellería de Xuventude, que se desenvolverá mañá venres 30 de xullo no centro urbano de Gondomar.
A actividade, que se desenvolverá integramente en galego, ten como obxectivo dar a coñecer parte da historia e lendas da nosa comunidade autónoma. As meigas, maruxainas, lobishomes ou a Santa Compaña serán as e os acompañantes dos once grupos -preinscritos previamente- que participarán na procura deste tesouro tan especial.
Todas eles, compostos entre 2 e 5 personas como máximo, serán convocados ás 22.00 horas na Praza da Paradela, punto de partida da aventura, e recibirán nos seus correos electrónicos as instrucións do xogo e as pistas que deben atopar ao longo dun percorrido que lles conducirá por diferentes rúas de Gondomar e a historia que nela ocúltase.
Os equipos deberán enfrontarse a un “escape sonoro” preparado para a ocasión e aqueles dous que logren superar todas as fases enfrontaranse finalmente nunha proba, que do mesmo xeito que o resto do percorrido terá como eixo central o valor do patrimonio inmaterial galego, as súas lendas e mitos ancestrais que conviven coas tradicións e costumes actuais.
A proba desenvolverase mantendo en todo momento as medidas establecidas na normativa covid19 vixente neste momento.
A concellería de Igualdade celebrou esta mañá unha nova reunión do Consello Municipal da Muller na que se abordaron diferentes cuestións relacionadas coa actividade desenvolto neste departamento durante o primero semestre do ano.
A reunión, celebrada de forma telemática, estivo presidida pola responsable do departamento Nuria Lameiro e a secretaria do Consello Susana Fernández, axente de Igualdade, que ademais de aprobar as actas do último encontro, celebrado o pasado mes de marzo, informaron sobre as distintas actividades realizadas ata o momento desde o Centro de Información da Muller (CIM).
Así se destacaron as accións realizadas este ano en colaboración cos centros escolares do municipio, facendo fincapé na necesidade de implicar ás novas xeracións na identificación de condutas machistas e a sensibilización pola aposta nos valores de igualdade entre homes e mulleres. Para iso celebráronse diferentes talleres dirixidos a estudantes de primaria.
Cursos on-line dirixido a mulleres, implicación dos clubes deportivos na defensa dos valores da igualdade ou a publicación dunha guía sobre a violencia de xénero, como identificala e combatela son outras das actividades desenvolvidas polo CIM ás que se sumarán nos próximos meses novas iniciativas.
Ademais, tamén se realizou balance sobre o Plan Municipal de oportunidades de homes e mulleres destacando a concelleira que “seguimos avanzando na aplicación e desenvolvemento do seu contido co fin de seguir loitando por unha maior integración das mulleres na sociedade e a consecución dunha igualdade real”.
As actividades estarán suxeitas á normativa covid19 vixente e respectando os aforos e indicacións que recolle a Xunta na orde deo 22 de xullo de 2021 que establece as medidas de prevención específicas para cada concello.
Este xoves, a partir das 22.30 horas na Praza da Paradela retómase o programa de actividades “Gondocultura” coa actuación do artista gondomareño Rubén de Lis, suspendido a pasada fin de semana debida ás pésimas previsións meteorolóxicas anunciadas para aqueles días.
Será a primeira dunha serie de actividades que se retoman e desenvolveranse ao longo de toda a fin de semana como a actuación do grupo “La Franga”, o venres a partir das 22.30 horas ou a actuación do premiado espectáculo circense “Xampatito Pato “Só”, que chega a Gondomar o sábado 31 á Praza Paradela. Os asistentes poderán gozar do espectáculo galardoado en numerosos festivais no que o seu creador, Jesús Velasco, preséntanos un personaxe obsesivo, cuadriculado e rodeado de caixas que escapan ao seu control. Desde o caos xorde un universo onde non faltará a tolemia cómica que fará a delicia de todos.
Gondocultura pechará a fin de semana coa actuación da Burgas Big Band, concerto que vén da man de Musigal promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra. Sobre o escenario da Praza da Paradela 15 artistas que tocarán clásicos de Swing, Twist, Boleros, Rock and Roll… que non deixarán a ninguén indiferente.
Reserva entradas
O goberno local de Gondomar lembra que o sector da cultura demostrou en todo momento ser seguro e que é un dos máis prexudicados durante a pandemia. Por iso manteranse as actuacións en espazos abertos, e “en todo momento atendendo a normativa vixente covid19, suxeita neste momento á orde da Xunta publicada o pasado 22 de xullo no Diario Oficial de Galicia”.
O día 26 de xullo marcouse en 1998 no calendario como a xornada para render homenaxe ás avoas e aos avós, aos nosos maiores. Eles son a nosa historia e un cúmulo de experiencia que debemos aproveitar e ter sempre en conta.
Unha homenaxe, máis que merecida que nunca, que rendemos aos maiores este ano. Eles e elas que foron loitadores e vítimas directas da pandemia covid19, e que agora moitos/as volven sorrir algo máis tranquilos/as tras haberse vacinado e poder compartir tempo coas súas familias, cos seus netos e netas.
A todos eles e todas elas, a eses avós e avoas que sempre están dispostos a guiarnos, a ensinarnos e demostrarnos tantas cousas...PARABÉNS!!!
E a quen gozades deles e delas aínda, lembrade o lema elexido este ano na súa xornada: "Dilles que os queres".
O Concello Gondomar despide esta semana a I Edición do curso de Skate, organizado pola concellaría de Xuventude, dirixida por Nuria Lameiro, para facilitar ámocidade a iniciación neste deporte urbano, e coñecer ademais das súas técnicas os seusbeneficios.
Durante dúas semanas un total de 24 mozos e mozas participaron de luns a venres nestas clases nas que un monitor dáballes a coñecer as principais técnicas para manterse enriba das súas tablas, sempre primando a responsabilidade e a seguridade. Curso que nace coa vocación de perdurar no tempo dado o interese que esperta entre as novas xeracións.
Os participantes gozaron e divertíronse tentando aprender os principios básicos do skate, un deporte do que tamén puideron coñecer, a través da información facilitada polo instructor, que tras as piruetas e saltos existen outros beneficios como son a mellora da coordinación e o equilibrio, a creatividade, o espírito de superación ou que é un bo medio para fomentar a nosa paciencia e liberar tensións.
Este I Curso de Skate, que se desenvolveu nas pistas inauguradas a finales do ano pasado no Concello de Gondomar, forma parte do programa de actividades organizado pola Concellería de Xuventude atendendo ás demandas dos máis novos e novas neste tempo de verán, alternativas pensadas para desenvolver no seu tempo de vacacións facilitando tamén a conciliación familiar.