O día 26 de xullo marcouse en 1998 no calendario como a xornada para render homenaxe ás avoas e aos avós, aos nosos maiores. Eles son a nosa historia e un cúmulo de experiencia que debemos aproveitar e ter sempre en conta.
Unha homenaxe, máis que merecida que nunca, que rendemos aos maiores este ano. Eles e elas que foron loitadores e vítimas directas da pandemia covid19, e que agora moitos/as volven sorrir algo máis tranquilos/as tras haberse vacinado e poder compartir tempo coas súas familias, cos seus netos e netas.
A todos eles e todas elas, a eses avós e avoas que sempre están dispostos a guiarnos, a ensinarnos e demostrarnos tantas cousas...PARABÉNS!!!
E a quen gozades deles e delas aínda, lembrade o lema elexido este ano na súa xornada: "Dilles que os queres".