O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, consolidou a compra da Casa Peralba,
situada na Avda Elduayen número 2, este xoves ante o notario, onde rubricouse a
compra deste inmoble histórico e os seus terreos a Fundación FUNGA, por un valor de
400.000 euros.
O alcalde Paco Ferreira mostrouse moi satisfeito tras “recuperar a Casa Peralba,
un inmoble que forma parte da nosa historia e que á partir de hoxe integrarase no
patrimonio municipal para poñelo ao dispor da veciñanza”. Por diante agora quedan
obras de rehabilitación e restauración para adecuar estas instalacións e buscar o mellor
uso para elas que, segundo o rexedor, “aínda que non hai nada decidido si temos claro
que pasará por uso lúdico, social ou cultural ao servizo dos nosos veciños e veciñas”.
Proceso adquisición
A firma ante notario completa as negociacións iniciadas hai meses cos
propietarios para adquirir a Casa Peralba así como o financiamento para poder asumir
os gastos de rehabilitación. Algo que foi posible tras a firma dun convenio de
colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
En virtude a este acordo o organismo galego achegará os 400.000 euros
necesarios para a compra da Casa Peralba e os seus terreos, cun prazo de reposición de
8 anos por parte do concello de Gondomar, que se compromete a acometer as
actuacións de recuperación “co obxecto de recuperar ámbitos en estado deficientes
como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do ambiente,
paisaxe e do territorio, co fin de mellorar a calidade dos cidadáns facilitando que poidan
gozar e iso”.
Casa Peralba, rehabilitación e uso
“Agora toca traballar e rehabilitar coidadadosamente este emblema da
arquitectura civil de Gondomar, con máis dun século de vida. Pensaremos que usos
darlle, pero sen dúbida serán aqueles que permitan o seu goce por parte da veciñanza,
ben sexa abrindo os xardíns para que se poida pasear por eles ou ben dandolle unha
función cultural, lúdico ou de servizo ao conxunto atendendo sempre a demanda social”,
explica Paco Ferreira.
A Casa Peralba ocupa unha superficie de 3.479 metros cadrados, dos que 463 m2
corresponden a superficie construída. O conxunto arquitectónico está integrado por
unha edificación principal e unha serie de construcións auxiliares e vivenda de servizo e
garda. Todas elas “constitúen un exemplo de interese da arquitectura ecléctica da vila
de Gondomar, destacando a súa sinxeleza compositiva de fábrica de granito dos seus
peches.”
Integrada no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, a Casa Peralba é un
“inmoble de gran interese para a súa posterior rehabilitación como equipamento
municipal” no que tamén se conserva un lavadoiro, un pombal, hórreo e franxas de
terreo con restos de columnas para emparrados.
“Un auténtico luxo que desde o goberno estamos dispostos a recuperar e
rehabilitar para os cidadáns de Gondomar”, explicou Paco Ferreira quen fixo fincapé en
que estas actuacións forman parte “da nosa filosofía de facer un Gondomar para as
persoas, integrando esta recuperación arquitectónica a peonalización executada na
Praza Paradela e sumandoa ás futuras actuacións como a da rúa Manuel Alonso ou da
Plaza de Rosalía de Castro coas que Gondomar avanzará cara á sustentabilidade e os
criterios que marca a axenda 2030 para vilas e cidades”, concluíu Paco Ferreira