Máis de 150 usuarios participaron este ano nas Escolas Deportivas de Gondomar, que viron reducida a súa duración como consecuencia da pandemia, pero aínda así foron un éxito de asistencia.
O goberno de Gondomar, a través do seu departamento de Deportes, dirixido por Nuria Lameiro, clausurou as Escolas Deportivas que veñen celebrando nas instalacións municipais dende o pasado mes de abril. Os seus usuarios dinlles adeus coa confianza de poder repetir o próximo curso e xa en condicións acordes á normalidade que “todos estamos desexando recuperar canto antes e cara á que camiñanos”, afirmou o rexedor Paco Ferreira.
Entre os meses de marzo e xuño os participantes nestas Escolas, suxeito o seu desenvolvemento en todo momento ás normativas COVID19 que se ían marcando e medidas de seguridade sanitarias, puideron gozar do deporte, iniciándose en moitos casos en modalidades que ata o de agora non probaran.
Escolas pensadas para toda as idades e que na edición 2020-2021 ofreceron ximnasia de mantemento, iniciación ao deporte, judo, balonmán, baloncesto e patinaxe, cubríndose toda as prazas dispoñibles en cada unha das modalidades.