^ Ir arriba

novas

Martes, 16 Febreiro 2021 12:48

A Xunta rebaixa algunhas restricións aínda que mantén a hostalería pechada e limita os encontros a conviventes

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle hoxe as novas medidas que se poñerán en marcha a partir da medianoite deste mércores 17 de febreiro, e que supoñerán unha suavización das restricións impostas na comunidade o pasado 27 de febreiro, aínda que limitadas para afianzar o conseguido ata o de agora e reforzar a seguridade.
A melloría detectada nas últimas semanas non impediu que o Goberno galego decida, seguindo as instrucións do comité médico, manter o nivel máximo de restrición e preparar para a spróxima semana unha apertura gradual e coa máxima seguridade.
A hostalería permanecerá pechada e os encontros limitaranse a conviventes, manténdose a limitación da mobilidade unicamente ao propio municipio.
Si se modifican outras medidas:
EDUCACIÓN: Regreso ás clases presenciais en ensinos especiais, como conservatorios música e danza, escolas de idiomas. Excepto para práctica de instrumentos de vento. As clases presenciais na Universidade volverán o luns 1 de marzo.
COMERCIO: Recupera o seu horario e o seu aforo seguirá limitado ao 50%. Os Centros Comerciais permanecerán pechados as fines de semana.
DEPORTE: Deporte individual ao aire libre. Reapertura das instalacións deportivas ao aire libre para práctica.
HOSTELARÍA: Permanecerá pechada. Só para servir a domicilio ou para levar. O próximo día 22 de febreiro volverá avaliar a situación e poderanse aplicar novas medidas de desescalada gradual.
RESTAURACIÓN: Apertura do interior dos restaurantes das estacións de servizo nas vías de altas prestacións, para transportistas.
CULTURA: Retómase a actividade en biblitoecas, arquivos, museos e salas de exposición, cun 30% de capacidade máxima. También retomarán a súa actividade teatros, cines e auditorios co mesmo aforo.
RESIDENCIAS: Onde o ciclo de vacinación esté completo fai dez o máis días, as visitas pasarán de ser una por semana a tres, con dous familiares. Nos centros de discapacidade retómaránse as saídas a fin de semana, cuxo usuario fora vacinado hai máis de dez días.

Orden recollida no DOG: https://bit.ly/3baVycn