O goberno local de Gondomar, presidido por Paco Ferreira, segue avanzando nos traballos para tramitar un novo Plan Xeral de Ordenación Urbana para o municipio. Vanse cubrindo pasos, como é o envío do “Informe de Avaliación Ambiental Estratéxico” do documento, que desde o pasado día 18 de setembro a Xunta de Galicia, a través da súa consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda, somete a consulta pública, por un prazo de dous meses.
Así os intereados e interesadas en presentar observacións e suxerencias ao documento poderán facelo ata o próximo 18 de novembro por calquera das seguintes canles:
- A través do formulario informático habilitado na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/programas-con-período-de-consulta-aberto
- A través do correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
- Mediante escrito presentado na sede electrónica da Xunta de Galicia ou no rexistro administrativo da Consellería de Medio, Territorio e Vivenda (en San Lázaro – Santiago de Compostela-).
O goberno local, a través da súa concellería de Medioambiente, mostrou a súa satisfacción pola colaboración obtida por parte da veciñanza que se sumaron este domingo á iniciativa “Proxecto Ríos”, que organiza a asociación ecoloxista ADEGA, e na que o concello participa desde fai xa 13 edicións.
Máis de mediocentenar de persoas déronse cita á primeira hora da mañá no punto de partido, en Ponte de Ánimas, para coordinar os diferentes grupos que ían participar na limpeza do río Miñor, desde a Ponte de Mañufe ata a Ponte do Beco; así como os afluentes Rasas e Morgadáns.
Un ano máis foron diferentes os residuos que se retiraron tanto das beiras como do propio río, destacando entre eles a aparición por primeira vez das máscarascirúrxicas, varios pneumáticos, un tambor de lavadora e grandes cantidades de plástico, sacos de entullos ou bolsas, enterradas no fondo do río ou entre as ramas da vexetación da súa contorna.
Dende o concello agradecen a colaboración de todos os voluntarios e voluntarias que este domingo sumáronse á actividade e insisten na necesidade de seguir apoiando iniciativas destas características e campañas de sensibilización para lograr “que os ríos deixen de ser un lugar no que lanzar verteduras, e a xente tome conciencia de que é necesaria a seu defensa, así como a de todo a súa contorna”.
Nesta ocasión tamén participaron na xornada integrantes da Asociación Galaicosquad Val Miñor, que desinteresadamente, ofrecéronse a ir recollendo durante a mañá as bolsas e residuos que os voluntarios depositaron en puntos sinalados previamente para así poder trasladalos con máis facilidade.
O concello de Gondomar adhírese un ano máis ao “Proxecto Ríos” e á limpeza simultánea que os seus organizadores, a asociación ambiental ADEGA, desenvolverán o próximo 27 de setembro en diferentes municipios de Galicia.
Dentro da aposta clara e firme do goberno local por fomentar iniciativas que permitan defender o medioambiente e a contorna natural, nesta ocasión a actividade será coordinada pola concellería de Medioambiente dende a que se anima a veciñanza a que se sume á limpeza do río Miñor e afluentes.
Os interesados en participar poderán inscribirse chamando ao teléfono 986 360125 ou no correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla., onde deberán deixar o seu nome e apelidos completos e o DNI. No caso de menores de 18 anos deberán ir acompañados por un adulto que se responsabilice deles.
A limpeza comezará ás 10.00 da mañá do domingo 27 de setembro e o punto de encontro será a Ponte de Ánimas. Os voluntarios e voluntarias recibirán máscaras conmemorativas da xornada, bolsas e luva, así com unha pequena merenda, ofrecida polo concello, ao remate da actividade.
Dende a concellería de Medioambiente sublíñase a importancia destas accións como un elemento fundamental para afondar na educación e sensibilización ambiental dos cidadáns. “A pesar dos avances logrados nos últimos anos e a mellora da calidade dos nosos ríos, “queda moito traballo que facer”, afirma o edil Brais Misa, quen lembra que nese camiño continuará actuando o goberno local.
Na edición do pasado ano do “Proxecto Ríos” os voluntarios retiraron un total de 800 quilos de residuos das ribeiras e do leito do río Miñor e as desembocaduras do Zamáns e do Morgadáns.
O alcalde Paco Ferreira reuniuse co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros, para analizar as distintas vías de cooperación que se poden poñer en marcha na localidade, como a creación dun servizo de asesoramento empresarial.
Coñecer as necesidades empresariais de Gondomar e definir os diferentes sectores presentes no seu mapa empresarial son algunhas das cuestións abordadas no encontro que o alcalde Paco Ferreira mantivo co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros.
Ambos coincidiron na importancia que a colaboración público-privada vén representando nos últimos anos para o avance do sector empresarial, pero máis no momento económico que vive o país como consecuencia da pandemia da covid19. Así subliñaron a necesidade de establecer mecanismos entre as administracións e os diferentes sectores industriais para atender as súas demandas actuais.
O alcalde, Paco Ferreira, agradeceu a disposición mostrada polo presidente da patronal ao que ofreceu “a nosa axuda en todo o que sexa preciso para manter esta colaboración viva e lograr o mellor para as nosas empresas, e converter o polígono industrial dá Pasaxe e o noso sector económico en referentes no sur da provincia”.
Pola súa banda o presidente da CEP, Jorge Cebreiros, explicou que a organización que dirixe ofrecerá os novos servizos que a patronal provincial poñerá ao dispor das súas empresas, como a implantación de plans de igualdade; cursos de formación ou plans de riscos laborais e de saúde, conferencias ou asesoramento, entre outras actividades, facilitando para iso o concello os medios materiais, técnicos ou aulas que sexan precisos.
Ademais sobre a mesa púxose a posibilidade de abrir en Gondomar unha oficina de asesoramento industrial, ou para os sectores de autónomos e novos emprendedores e o comercio. Neste sentido o rexedor, Paco Ferreira, sinalou que os gastos serían asumidos polo concello e que nacería co obxectivo de dar cobertura ao Polígono da Pasaxe, pero tamén a outras superficies industriais como Porto do Molle, a PTL de Vigo ou o polígono de Porriño.
Durante o mes de setembro terá lugar este curso que tivo que ser suspendido o pasado mes de marzo tras a declaración da alerta sanitaria como consecuencia da pandemia da COVID 19.
A iniciativa desenvolverase finalmente en dúas quendas cun total de 15 asistentes en cada unha delas. O primeiro terá lugar entre os días 21, 22 e 23 de setembro, e o segundo os días 28, 29 e 30 do mesmo mes. En ambos os casos cumpriranse de forma rigorosa as medidas de seguridade tanto nos espazos que os acollerán como nas medidas persoais, sendo obrigatorio o uso de máscara.
O curso, que se enmarca dentro das actividades que organiza a concellería de Formación, é gratuíto e organizado pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural. Nesta ocasión búscase formar aos participantes para lograr dotar de máis valor no mercado aos produtos do sector primario a través da súa transformación e comercialización.
Non se abrirá período de inscrición xa que se contará coas persoas que solicitaron participar no pasado mes de marzo e non puideron facelo por mor da pandemia.
O goberno local entregou tres traxes de protección integral e materiais específicos aos colaboradores que, de forma altruísta, retiran niños desta avespa no municipio ante as longas demoras rexistradas por parte da empresa pública contratada pola Xunta de Galicia para facerse cargo deste problema.
O alcalde, Paco Ferreira, destacou o importante labor que viñeron realizando estes veciños “ante a falta de resposta eficaz e rápida por parte de goberno galego e a empresa á que paga para que realice este servizo e que incumpre de forma sistemática o prazo de cinco días hábiles establecidos para atender a demanda dos veciños”.
Ante esta situación a colaboración de Gondomar concretouse na acción de tres expertos apicultores que de forma desinteresada atendían as chamadas de veciños quenon eran cubertas polo servizo autonómico do 012, nos prazos fixados. Desde este xoves contarán con traxes de protección integral, luvas e material específico, cedidos polo goberno local, para garantir a súa seguridade en cada intervención que realicen.
Así o manifestou o rexedor que estivo acompañado polos concelleiros de Seguridade e Medioambiente, Jose Manuel Chamorro e Brais misa, respectivamente. Este último reiterou que é o 012, teléfono da Xunta, ao que deben dirixirse aqueles que localicen un niño de velutinas para solicitar a súa retirada. A petición debe cursarse nun prazo de cinco días hábiles, podendo ser maior cando concorran circunstancias especiais por estar en lugares inaccesibles ou a máis de de 25 metros de altura.
O edil explicou que só no caso de que non se lles atenda pódese pedir axuda ao concello, que elaborou un modelo tipo de solicitude, que se poderá retirar no rexistro municipal ou a través da web. Así mesmo elaborarase un ficheiro de control dos niños retirados por parte do concello.
O ano 2019 Gondomar tívose que facer cargo da retirada de 178 niños e no que levamos de 2020 retiráronse 100, cifra que podería aumentar ao ser o período comprendido entre os maio a outubro os de maior actividade desta especie. A velutina supón un risco para á biodiversidade pois afecta directamente á produción apícola e frutícula ao estar a súa dieta formada por por as abellas e froita. Esta especie invasora non é máis perigosa que a avespa común, pero a súa expansión en zonas urbanas ou semiurbanas incrementa o risco de picaduras para as persoas.
A concellería de Formación, dirixida por Rocío Goberna, e a Universidade de Vigo poñerán en marcha no municipio o programa “Mareas de coñecemento e experiencia”, dirixido a maiores de 50 anos e que se desenvolverá entre os meses setembro e outubro.
O programa concrétase nun curso de 15 horas que se estruturará en tres seminarios, con sesión divulgativa e práctica, que abordarán cuestións como “Saúde e Benestar”, “Arte e Historia” e, por último, “Tecnoloxía: uso das ferramentas no teléfono móvil”, todos eles impartidos por profesorado da Universidade de Vigo.
O alcalde, Paco Ferreira, agradece este tipo de proxectos académicos como o da formación universitaria para os maiores de 50 anos porque “é fundamental que sigan activos e facilitarlles as ferramentas e medios para que sexa así, para que gocen da súaterceira mocidade e sigan achegando a nosa sociedade tanto como fixeron ata o de agora”.
Os interesados en matricularse, calquera maior de 50 anos, deberán facelo con inscrición previa no correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ou no teléfono 986 384 020. Os grupos, atendendo ás normas de seguridade hixiénico-sanitarias, serán reducidos e nas clases o uso de máscara será sempre obrigatorio.
O curso arrincará co seminario “Saúde e benestar”, que se desenvolverá os días 17 e 18 de setembro a cargo de profesorado da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, no que se dará nocións básicas sobre a actividade física para o día a día. Os día 24 e 25 de setembro, docentes do programa universitario de maiores da Universidade de Vigo impartirán o seminario “Arte e Historia” onde centráranse naarqueoloxía de Gondomar.
Pechará o curso o seminario “Tecnoloxía: uso de ferramentas no teléfono móbil” impartido por profesores da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo e que en sesiónsteórico-prácticas achegarán o uso do teléfono móbil e o uso de redes sociais oudiferentes aplicacións nelas así como o seu uso.
Informar de primeira man as vantaxes que a reciclaxe dos residuos orgánicos xeran no noso medioambiente e na economía local son algúns dos obxectivos desta nova acción, que se desenvolverá coincidindo coa celebración do mercado semanal.
Entre as 10.00 e as 13.00 horas deste martes 8 de xullo, instalarase unha carpa ante o Centro Neural na que a mestra composteira de Gondomar e técnicos da Deputación Provincial informarán sobre o proceso de compostaxe, as súas vantaxes e animará á veciñanza para solicitar un composteiro individual no que reciclar os residuos orgánicos que xeran nas súas vivendas, unha iniciativa que tivo unha gran acollida no municipio no que se repartiron xa máis de 240 contedores para este fin.
Ademais informarán sobre a existenza e o funcionamento dos dous centros comunitarios que existen en Gondomar, situados no Parque das Ánimas e xunto ao supermercado Froiz, que dan servizo aos residentes en edificios do centro do municipio.
Na carpa ofrecerase unha visión completa da política ambiental que se está desenvolvendo no concello, informando sobre o proceso de xestión dos residuos en Gondomar e o correcta reciclaxe que se pode facer deles empregando os colectores e diferentes medios que o goberno está a poñer a disposición dos veciños.
A actividade informativa enmárcase dentro das campañas que se desenvolven no marco do Plan Revitaliza ao que está adherido o concello de Gondomar.
Hoxe efectuouse a décima entrega á que se sumarán máis nos próximos meses atendendo a demanda dos veciños, que desde o primeiro momento mostraron gran interese pola iniciativa.
O concelleiro de Medioambiente, Brais Misa, acompañado pola mestra composteira, Karina Pereria, realizaron esta nova entrega aos veciñas e veciños que previamente solicitaran un composteiro individual para as súas vivendas. Ata o momento xa se sumaron a esta iniciativa máis de 250 persoas, apostando pola política ambiental que vén desenvolvendo o goberno local esta lexislatura.
Neste sentido Gondomar segue traballando pola reciclaxe e a sustentabilidade como unha dos seus acenos de identidade. Así o lembrou o concelleiro Brais Misa, quen aproveitou a ocasión para agradecer a implicación das veciñas e dos veciños nestas iniciativas que favorecen a redución de residuos e suliñou aos presentes todas as vantaxes que reportan á contorna e á economía local.
Ata o de agora realizáronse un total de dez entregas e espérase sumar máis nos próximos meses debido á gran acollida que esta iniciativa, apoiada polo Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, tivo entre a poboación que respondeu cunha alta demanda de composteiros.
A iniciativa, que se desenvolveu durante o mes de agosto, propuxo aos seusparticipantes iniciativas e xogos cuxo obxectivo principal era sensibilizar ás novas xeracións na loita pola igualdade.
Organizados pola concellería de Igualdade, dirixida por Nuria Lameiro, e financiados pola Deputación Provincial de Pontevedra, estes minicampamentos marcáronse como obxectivo prioritario “alentar o pensamento crítico nos seusparticipantes, facéndolles cuestionar os roles establecidos na sociedade por razón de sexo”.
Así mediante xogos, concursos ou vídeos os participantes podían descubrir e debater sobre os estereotipos sociais que están plenamente integrados no noso día a día e sobre os que se busca que se senbilicen para lograr que a igualdade entre homes e mulleres sexa unha realidade.
Os minicampamentos desenvolvéronse no mes de agosto en dúas quendas cunmáximo de 10 participantes en cada unha delas, sempre cumpríndose as medidas hixiénico-sanitarias establecidas polas autoridades competentes na materia.
A iniciativa, proposta polo alcalde e apoiada pola oposición, propón recuperar as antigas escolas unitarias do municipio e apostar por unha educación máis próxima.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, poñerá ao dispor da Xunta de Galicia as instalacións das antigas “Escolas unitarias” do municipio para o seu uso na volta ao cole o próximo mes de setembro, e así favorecer a repartición de alumnos en máis aulas garantindo, na medida da posible, un ratio inferior nas clases como recomendan as autoridades sanitarias ante o avance dos rebrotes da COVID19.
Tal e como expuxo na reunión, celebrada este luns, ofreceránse un total de 7 centros, concretamente, as instalacións das escolas de San Cibrán, Moreiras e Nande(Mañufe), Borreiros, Prado, Vilas e Fraga, ao que se suman tamén espazos públicos como a Casa da Cultura ou os pavillóns municipais “se a consellería de Educación requiríseo”.
“Isto permitiría desconxestionar as aulas escolares do municipio, achegarnos a cocientes menores e contar con espazo necesario para establecer as distancias mínimas interpersoais nas clases, traballando por unha volta ao cole o máis segura posible para o alumnado”, sinalou Paco Ferreira. Ademais, “é unha oportunidade para recuperar e implantar modelos educativos cun ensino máis próximo e descentralizado que apostenpolo rural e a súa revitalización”, engadiu o rexedor.
Como referente destaca a existencia no municipio de cinco Colexios de Agrupación Rural (CRA) (Vilaza, Chaín, Couso, Guillufe, Peitieiros e Chaín), cunhaaposta clara por “unha educación viva e activa”, destacando o potencial do entorno natural e os elementos que ofrecen como base de inspiración do proceso creativo do alumnado.
Confía en que a Consellería de Educación acepte esta iniciativa e insiste en que neste momento é prioritaria “a colaboración entre administracións. Como alcalde ecomo goberno faremos todo o que estea nas nosas mans para ofrecer a máxima seguridade aos nosos veciños e veciñas”, conclúe Paco Ferreira.
O goberno local, a través da concellería de Medio, distribuirá preto de 3000 dípticos que lembran a obrigación dos veciños de manter limpas as súas propiedades para evitar que os incendios poidan achegarse a zonas habitadas, máxime nestes meses en de máximo risco.
O díptico, recolle de forma gráfica e clara, as distancias mínimas que deben manterse entre as masas arbóreas e novas plantacións nos diferentes ámbitos nos que é responsabilidade dos veciños a limpeza.
Así, por exemplo, sinálanse os metros que deben manterse libres en perímetros urbanos, núcleos rurais e chans urbanizables delimitados; no caso das autoestradas ou estradas convencionais; ou, a superficie que debe manterse limpa no caso de vivendas illadas, depósitos de lixo, canles fluviais ou cultivos agrícolas entre outros.
“Dunha maneira gráfica e sinxela queremos que os veciños teñan a información necesaria e lembren a súa responsabilidade na loita contra os incendios forestais. É un traballo común, de toda a sociedade e non só das administracións”, afirma o alcalde Paco Ferreira.
Ademais nos dípticos facilítanse teléfonos de contacto cos organismos pertinentes para resolver calquera dúbida que poida existir, así como un recordatorio dos lugares nos que non se pode plantar e que especies están autorizadas pola lei.
Ante o continuo incremento de contaxios de covid19 que se rexistran en Galicia a concellería de Cultura apraza como medida de prevención as actividades programadas ata finais deste mes.
Gondomar decidiu aprazar o programa cultural que viña desenvolvendo desde o pasado mes de xullo ante a preocupante escalada no incremento de contaxios da covid19 que se están a rexistrar en Galicia. “Preferimos previr e poñer os medios que sexan precisos para non correr riscos ante as cifras que estanse a rexistrar no noso país”, afirmou o alcalde Paco Ferreira.
En total veranse afectadas seis actividades previstas para os dúas últimas fines de semana, ás que se suman as tres aprazadas fai sete días tras confirmar fontes sanitarias un brote de covid19 no municipio.
O programa “Cultura de verán” incluía a celebración de concertos, cinema na rúa e espectáculos familiares cun claro apoio aos artistas e grupos locais “porque eramos conscientes de que a cultura é un sector que non podiamos deixar atrás tras o confinamento”, manifiestó o rexedor, Paco Ferreira, quen fixo fincapé en que “en todo momento durante o desenvolvemento das actuacións cumpríronse de forma estrita e rigorosa as medidas de seguridade hixiénico-sanitarias e de distanciamento interpersoalque estamos obrigados a cumprir”.
O goberno de Gondomar despois do coñecemento da existencia dun gromo de COVID19 na localidade (7 persoas segundo a información do SERGAS) e como medida de prevención anuncia o aprazamento da axenda cultural e turística programada para esta semana.
Súmase a entidade local de Morgadáns que tamén, como medida preventiva, suspende todas as actividades previstas no programa da semana cultural que arrrancaba esta fin de semana.
Ao mesmo tempo faise un chamamento á responsabilidade cidadá no cumprimento do uso da máscara e o mantemento da distancia interpersoal de 1,5 metros.