O goberno de Gondomar implementará o seu persoal coa contratación de 9 persoas mantendo así a súa aposta polas políticas activas de emprego, que adquiren máis importancia neste momento que vive a nosa sociedade inmersa nunha desescalada “no que todas as medidas que potencien a creación de postos de emprego son máis necesarias que nunca”, manifestou o rexedor Paco Ferreira.
En total contrataranse nove persoas, un técnico de turismo, 2 de condutores e 6 peóns de obras públicas. Os interesados deberán estar desempregados e rexistrados como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. Será a oficina de emprego a que confecciona a lista de candidatos/ as para o proceso selectivo, que se poñerá en marcha o próximo día 1 de xuño.
Unha vez seleccionados o concello, con cargo ao financiamento do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, lles contrarará por seis meses. “Mellorar a atención e cobertura das demandas dos nosos veciños é un dos nosos obxectivos, e para iso é fundamental dotar de máis recursos humanos a administración local, á vez que creamos novos empregos, sempre necesario”, explica o alcalde.
Por outra banda, desde esta semana o servizo de Vías e Obras reforzarase coa adquisición dunha nova furgoneta de 9 prazas con remolque elevador, na que se investiron 30.0000 euros. Con este novo vehículo crece o actual parque móvil do concello para dar servizo a todas as súas parroquias nas que desde hai xa unhas semanas iniciáronse os traballos de roza, paralizados a consecuencia do confinamento decretado pola alarma sanitaria.
Labores nas que se están empregando tres tractores de brazo mecanizado e persoal a pé para retirar a materia vexetal sobrante que se traslada posteriormente aos puntos acordados coas Comunidades de Montes das parroquias. Un proceso co que “apostamos pola reciclaxe dos materiais rozados para a súa conversión en compos e futura reutilización como abono, nun claro exemplo do que é a economía circular e sostible que perseguimos.”
Respecto a isto Paco Ferreira fai fincapé “en que durante o proceso de roza non utilizamos herbicidas nin produtos tóxicos para a contorna natural co fin de garantir a sustentabilidade do medioambiente desde o inicio ata o final, conclúe o rexedor.
O goberno local de Gondomar destina estas axudas a familias en situación de emerxencia social cuxos fillos e fillas estean no ciclo de educación infantil.
O próximo luns, 1 de xuño, abrirase o prazo para presentar as solicitudes para optar a estas axudas para adquisición de material escolar de educación infantil do vindeiro curso 2020-21, ás que poderán optar familias que se atopen en situación de emerxencia social.
As axudas estarán destinadas aos alumnos e alumnas matriculados nos centros escolares de Gondomar e nos pertencentes ao Colexio Rural Agrupado (CRA).
Os interesados deberán solicitar cita previa para a súa tramitación, chamando ao teléfono do Departamento de Benestar Social (986 360 168) onde tamén poderán solicitar toda a información necesaria.
O prazo para a presentación das solicitudes finalizará o día 30 de xuño.
O concello de Gondomar sumouse esta pasada media noite aos 10 días de loito oficial en memoria dos falecidos por motivo da pandemia da COVID19, durante os que as bandeiras ondearán a medio mastro. Ademais este mediodía gardouse un minuto de silencio en memoria das persoas que perderon a vida por esta enfermidade.
A corporación municipal do Gondomar, presidida polo alcalde Paco Ferreira, secundou este mediodía o minuto de silencio convocado a nivel nacional pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que se pechou cun aplauso.
“Con el rendemos a nosa pequena homenaxe aos máis de 27.117 mortos por esta enfermidade en España, 607 deles en Galicia, á vez que nos sumamos á dor das súas familias que non tiveron a posibilidade de despedirse dos seus en condicións por mor da alerta sanitaria”, apuntou o alcalde Paco Ferreira.
Un silencio e aplauso que tamén se fixo extensivo “a todos os profesionais que estiveron xunto aos enfermos atendéndoos ata o final sen deixalos sós”.
O rexedor recoñeceu o esforzo dos habitantes de Gondomar que “ante esta pandemia loitamos xuntos e vivímola dende a solidariedade e responsabilidade social” e apela a que se manteña este mesmo compromiso durante o proceso de desescalada da alerta sanitaria.
Gondomar 27 maio 2020
Ata o próximo 1 de xuño poderá consultarse o censo electoral ordinario que rexirá nas eleccións ao Parlamento de Galicia o próximo día 12 de xullo, e si é o caso presentar reclamación sobre a súa exclusión, modificación o datos erróneos.
O horario de consulta será de 09.00 a 14.00 horas, é ser imprescindible presentar o DNI.
O Concello de Gondomar está a traballar na adaptación das súas instalacións para adaptarse as normas e requisitos que marca a “nova normalidade” cara á que estamos camiñando neste proceso de desescalada. Atendendo os requisitos y recomendacións das autoridades sanitarias dotaránse de mámparas as sús oficinas para garantir a seguridade dos traballadores e tamén de aqueles cidadáns e cidadás que acudan a elas para facer calquera xestión. Ademáis haberá dosificadores en todas as instalacións municipais e sinais e carteis que marquen e recorden a necesidade de gardar a distancia mínima de dous metros, para evitar calquera contaxio. Estas novas medidas e outras serán abordadas este luns pola comisión de seguemento COVID19, que reúnese semanalmente dende o principio da alerta sanitaria, onde tamén se estudiará cos responsables de departamentos e técnicos a incorporación dos funcionarios ao seu posto de traballo.
A Entidade local de Morgadáns está a traballar arreo para ofrecer pouco a pouco o mellor aos seus veciños e veciñas, así como a todos os habitantes do municipio de Gondomar que queran gozar desta parroquia. Con este obxectivo recuperouse un espazo natural que ata o de agora estaba esquecido, como é o Lago do Lapido, en Prado. A partir de agora poderemos gozar dunha preciosa área de recreo e ocio dotada de novas infraestructuras, e un estanque cheo de vida.
Obras que se deben ao esforzo do presidente da Entidade Local, Alfonso Misa, e o seu equipo Carlos e Teresa, entre outros. Prácticamente todo listo para gozar deste novo espazo ao aire libre, onde o concello de Gondomar colocará en breve papeleiras e bancos, máis alumeado, entre outras pequenas acción que levará a cabo.
O profesorado e estudantes do centro municipal queren implicar a toda a poboación nesta iniciativa coa que se pretende visibilizar a importancia da música nas nosas vidas, patente durante estes meses de confinamento, e subliñar a necesidade de reivindicar os ensinos artísticos musicais.
A través das redes, e tras aceptar a testemuña do CEIP Ría de Vigo, os alumnos e alumnas do Conservatorio de Música de Gondomar compartiron os seus vídeos explicando para que serve a música e empregando os seus propios instrumentos e formación que reciben non centro municipal de Gondomar.
O obxectivo final desta iniciativa é visibilizar ás ensinanzas artísticas musicais antes e despois do período de confinamento que estamos a vivir. Suliñar e reivindicar a necesidade de dotar de máis espazo na actividade lectiva semanal dous centros educativos desta materia.
Por esta razón ou Conservatorio convida a continuar agora co reto aos colexios e institutos do municipio para que os seus alumnos e alumnas enchan as redes de vídeos nos que ensinen para que utilizan a música no seu día a día sós ou coas súas familias.
Por outra banda, o Conservatorio de Música lembra que está aberto xa o prazo de preinscrición para o próximo curso, no que se poderá escoller entre varios instrumentos como violín, guitarra viola ou saxofón, así como actividades complementarias como coro, orquestra ou concertos, entre outras. Os interesados deberán chamar aos 986369746/986 389283 ou no correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..
Un ano más nos sumamos á festa de celebrar o Día das Letras Galegas no que este ano se rinde homenaxe a Ricardo Carvalho Calero. Dende o goberno de Gondomar queremos por o noso gran de area nesta xornada lembrando no só a figura do homenaxeado se non que a nosa lingua é a nosa cultura.
Este 17 de maio tamén celebramos o Día Mundial da Reciclaxe e dende o goberno de Gondomar amosa o seu agradecemento á veciñanza porque, según os datos analizados, nos dous meses de confinamento e pese a el, o seu compromiso coa xestión selectiva de residuos estivo moi presente, incrementándose nun 28% de media a recollida de envases, papel e cartón.
O goberno aproveita esta data para lembrar que o seu compromiso na loita contra o cambio climático e no coidado do medioambiente desenvólvese os 365 días do ano. Nese sentido seguen a apostar por políticas que promovan e faciliten a reciclaxe poñendo a disposición dos veciños os medios necesarios para garantir unha xestión selectiva dos residuos que xeneran.
O goberno local de Gondomar, dentro da súa aposta clara por unha política de sustentabilidade e respecto ao medioambiente, presentou este xoves á nova mestra composteira que se sumará a plantilla do concello de Gondomar para ocuparse da atención dos centros de compostaxe en funcionamento na localidade, entre outras función relacionadas con materias medioambientais e de reciclaxe.
“A loita contra o cambio climático e converter Gondomar nun referente de localidade sostible e verde é un dos obxectivos que nos marcamos nesta lexislatura”, explica o alcalde Paco Ferreira, “e para iso desenvolveremos todas as iniciativas ao noso alcance utilizando as ferramentas que o fagan posible como é, neste caso, a contratación de expertos como Karina Pereira, que nos permitirán avanzar na nosa aposta”.
No acto de presentación participou tamén Carlos Pintos, coordinador do Plan Revitaliza no sur da provincia de Pontevedra, que congratulouse da boa disposición amosada en todo momento polo goberno de Gondomar no fomento da economía circular. Lembrou que “é o noso obxectivo fundamental: informar e formar a sociedade na xestión dos residuos para que cunha correcta xestión se convertan en recursos de novo”.
A mestra composteira, ademais de facerse cargo dos dous centros de compostaxe comunitaria (situados no Parque das Ánimas e xunto ao Froiz), tamén supervisará os distintos composteiros individuais facilitados pola concellería de Medio Ambiente a aqueles veciños que o solicitaron, distribuíndose preto de 200 ata o momento.
Pero as sús tarefas van máis alá ao incluirse entre as súas funcións a organización de campañas informativas sobre a compostaxe e outras iniciativas relacionadas coa reciclaxe e a loita contra o cambio climático; a elaboración de diferentes estudos relacionados coa coa clasificación e caracterización dos residuos xerados en Gondomar; ou, impartir formación a empregados municipais.
A nova contratación enmárcase no Plan Revitaliza da Deputación Provincial de Pontevedra que financiará integramente o primeiro ano o salario desta nova traballadora, que prestará o seu servizo en Gondomar durante tres anos, asumindo o segundo o concello local un 50% do financiamento do seu salario, e o terceiro un 70 por cento.
Novo avance do documental que sobre a emigración de Gondomar no Río da Plata está a preparar Xan Leira para o noso concello. Recuperando a nosa historia, neste caso dende a testemuña de José Rodríguez.