^ Ir arriba

novas

Xoves, 14 Maio 2020 19:35

Gondomar reforza a súa aposta en materia ambiental e de reciclaxe

O goberno local de Gondomar, dentro da súa aposta clara por unha política de sustentabilidade e respecto ao medioambiente, presentou este xoves á nova mestra composteira que se sumará a plantilla do concello de Gondomar para ocuparse da atención dos centros de compostaxe en funcionamento na localidade, entre outras función relacionadas con materias medioambientais e de reciclaxe.


“A loita contra o cambio climático e converter Gondomar nun referente de localidade sostible e verde é un dos obxectivos que nos marcamos nesta lexislatura”, explica o alcalde Paco Ferreira, “e para iso desenvolveremos todas as iniciativas ao noso alcance utilizando as ferramentas que o fagan posible como é, neste caso, a contratación de expertos como Karina Pereira, que nos permitirán avanzar na nosa aposta”.
No acto de presentación participou tamén Carlos Pintos, coordinador do Plan Revitaliza no sur da provincia de Pontevedra, que congratulouse da boa disposición amosada en todo momento polo goberno de Gondomar no fomento da economía circular. Lembrou que “é o noso obxectivo fundamental: informar e formar a sociedade na xestión dos residuos para que cunha correcta xestión se convertan en recursos de novo”.
A mestra composteira, ademais de facerse cargo dos dous centros de compostaxe comunitaria (situados no Parque das Ánimas e xunto ao Froiz), tamén supervisará os distintos composteiros individuais facilitados pola concellería de Medio Ambiente a aqueles veciños que o solicitaron, distribuíndose preto de 200 ata o momento.
Pero as sús tarefas van máis alá ao incluirse entre as súas funcións a organización de campañas informativas sobre a compostaxe e outras iniciativas relacionadas coa reciclaxe e a loita contra o cambio climático; a elaboración de diferentes estudos relacionados coa coa clasificación e caracterización dos residuos xerados en Gondomar; ou, impartir formación a empregados municipais.
A nova contratación enmárcase no Plan Revitaliza da Deputación Provincial de Pontevedra que financiará integramente o primeiro ano o salario desta nova traballadora, que prestará o seu servizo en Gondomar durante tres anos, asumindo o segundo o concello local un 50% do financiamento do seu salario, e o terceiro un 70 por cento.

 

COMPOSTEIRA 1.jpg