Hoxe efectuouse a décima entrega á que se sumarán máis nos próximos meses atendendo a demanda dos veciños, que desde o primeiro momento mostraron gran interese pola iniciativa.
O concelleiro de Medioambiente, Brais Misa, acompañado pola mestra composteira, Karina Pereria, realizaron esta nova entrega aos veciñas e veciños que previamente solicitaran un composteiro individual para as súas vivendas. Ata o momento xa se sumaron a esta iniciativa máis de 250 persoas, apostando pola política ambiental que vén desenvolvendo o goberno local esta lexislatura.
Neste sentido Gondomar segue traballando pola reciclaxe e a sustentabilidade como unha dos seus acenos de identidade. Así o lembrou o concelleiro Brais Misa, quen aproveitou a ocasión para agradecer a implicación das veciñas e dos veciños nestas iniciativas que favorecen a redución de residuos e suliñou aos presentes todas as vantaxes que reportan á contorna e á economía local.
Ata o de agora realizáronse un total de dez entregas e espérase sumar máis nos próximos meses debido á gran acollida que esta iniciativa, apoiada polo Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, tivo entre a poboación que respondeu cunha alta demanda de composteiros.