^ Ir arriba

novas

Mércores, 09 Decembro 2020 12:56

CHARLA ON LINE CON DEFENSORAS DEREITOS HUMÁNS

 Gondomar acolle unha nova actividade, enmarcada dentro da exposición "# Defensoras Semillas de Cambio" que durante o mes de decembro, promovida pola Deputación de Pontevedra e organizada pola Coordinadora Galega de ONGD, acolle Gondomar en dez establecementos comerciais da vila.

 Nos seus escaparates pódese sever a imaxe e historia de diferentes activistas na defensa dos dereitos humanos en países como Nicaragua, México, Honduras, El Salvador y Guatemala.

 Hoxe completarase cunha charla en directo con tres destas mulleres. Será a partir das 18.00 horas e as interesadas e interesados en participar poderán facelo a través da canle de Youtube da Coordinadora Galega de ONGD. Animádevos¡¡

cartel.jpg