^ Ir arriba

novas

Venres, 11 Decembro 2020 10:06

ABERTO O PRAZO DOS NOVOS CURSOS DE FORMACIÓN 

 O concello de Gondomar, a través da súa concellaría de Formación, porá en marcha diversos cursos dirixidos á veciñanza do municipio no primeiro trimestre do ano 2021, concretamente, sobre o manexo da administración electrónica, a reciclaxe da ropa usada e a elaboración de xabóns.

 O primeiro curso que se impartirá será o de "E-administración" a cargo dos responsables datenda local "Netcom". O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de decembro no RexistroXeral do Concello, sendo a orde de recepción das solicitudes o criterio de acceso o curso, que comenzará o día 12 de xaneiro.

 Durante un total de 8 horas neste curso básico facilitaránse as ferramentas básicas para un correcto manexo da administración electrónica, formando no seu uso a persoas poucofamiliarizadas con estas aplicacións e que queiran realizar os trámites co concello e outrasinstitucións públicas a través de internet.

 A listaxe de admitidos publicarase o 21 de decembro no taboeiro do concello e na web municipal. O curso desenvolverase os días 12, 14, 19 e 21 de xaneiro nas aulas do CDL, de 17.00 a 19.00 horas.

 Os seguintes cursos serán publicitados no seu momento.

administracion-electronica (1).jpg