^ Ir arriba

novas

Martes, 29 Decembro 2020 11:30

Ferreira pide a la Xunta inversiones en saneamento e infraestructuras para Gondomar

O alcalde entrevistouse este luns coa responsable de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para ultimar a ampliación da EDAR (planta de depuración), levar a cabo a mellora da rede de saneamento municipal, inversións para o Polígono Industrial de A Pasaxe, o transporte público e a remodelación da intersección da Avenida Elduayen coa PO-331 e PO-340. 

 O encontro mantido entre o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a Conselleira de Infraestruturas, Vivenda e Solo da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, comezouamosando o agradecemento do alcalde pola gestión levada a cabo pola conselleira e o seu equipo, tanto no referido o transporte de viaxeiros, como a inversión que suporápara Gondomar que a Xunta de Galicia siga xestionando a depuradora de saneamentomunicipal por outros catro anos máis, aínda que tamén o rexidor manifestou o seudescontento por non incluir o goberno autonómico no seu novo orzamento inversiónsespecíficas para Gondomar, o que obrigou a presentar enmendas ao mesmo. 

 A xuntanza tamén serviu para que o alcalde propuxera a conselleira de infraestructuras a necesidade de remodelación da rotonda da Avd. Elduayen, concretamente a intersección entre ésta e as estradas autonómicas PO-331 e PO-340, un punto no que se xeran importantes atascos e problemas de seguridade viaria, ao ser un lugar con moita afluencia de tráfico rodado, incluíndo o transporte pesado e o público de viaxeiros e escolar, e dada a súa actual morfoloxía, a fluidez é moi difícil debido ao mínimo espazo de carrís. 

 Remodelación da que xa o Concello encargou e elaborou un proxecto “que pasa pola reconfiguración da área, incrementando os espazos de relación e desprazando o eixo da rotonda, incrementándose asi a superficie e o radio de xiro, facilitando a entrada e a circulación de máis vehículos e manobra de camións e autobuses”. A reforma completaríase coa creación dun caril directo de comunicación Ramallosa-Tui que non teña que pasar pola rotonda, aliviando así a cantidade de tráfico que diariamente atravesa este punto. Por outra banda, tamén pediu á Xunta de Galicia que dote de iluminación a estrada PO-331 no tramo de Pegonegro ata o centro urbano, competencia do goberno galego, así como modernizar as luminarias no tramo da PO 340 que transcorre entre Gondomar e A Ramallosa. 

 A conselleira e o alcalde tamén puxeron sobre a mesa as obras que se están executando na PO 331, ao seu paso polo Polígono da Pasaxe, coas que o goberno galegoquere poñer fin a este punto negro circulatorio. Obras que se coordinaron entre ambas administracións e que xa formarán parte da urbanización do futuro polígono de A Pasaxe , polo que Paco Ferreira demandou da Xunta de Galicia a súa financiación para liberar económicamente os empresarios da parte proporcional que lles tocará pagar. 

 Por último respecto a as novas liñas de transporte postas en marcha recentemente nacomarca coa entrada da nova concesionaria, o alcalde solicitoulle incrementar asfrecuencias ata o 10% que permite o contrato, a implantación da tarxeta gratuita “xentexoven” para os menores de 21 anos, e, asinar o convenio de transporte metropolitano para a reducción de tarifas e melloras para a veciñanza.

 O alcalde Paco Ferreira mostrouse satisfeito tras o encontro coa Conselleira, que quedou de estudar con detemento cada unha das iniciativas trasladadas polo rexidor.

rotonda.jpg