^ Ir arriba

novas

Luns, 04 Xaneiro 2021 16:03

Gondomar preparado para recibir aos Reis Magos e celebrar unha cabalgata moi especial

• As Maxestades Reais serán recibidas polo alcalde, Paco Ferreira, e saudarán dende o balcón do concello a todos os pequenos e pequenas que se acheguen para velos.

• Efectivos de Protección Civil, Policía local, Garda Civil e voluntarios velarán por e cumprimento das medidas de seguridade do evento no que se repartirán 150 quilos de caramelos.

Todo preparado en Gondomar para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente que, a pesar das circunstancias que estamos a vivir, non quixeron deixar de pasar polo municipio e participar nunha cabalgata algo diferente pero igual de especial que a doutros anos: unha cabalgata estática na que serán os pequenos os que, seguindo un camiño marcado, achéguense ata eles para saudalos e recibir os seus caramelos.
A cabalgata arrincará á 17.00 horas da tarde deste martes 5 de xaneiro coa recepción oficial de Gaspar, Melchor e Baltasar no concello de Gondomar por parte do alcalde, Paco Ferreira, e integrantes do seu equipo de goberno. Posteriormente sairán ao balcón da Casa Consistorial para saudar aos pequenos e pequenas, e as familias alí reunidas.
Una vez nos seus tronos, dispostos no interior da carpa da Praza Paradela, recibirán a cativada que poderán pasar ante eles e saudalos, e lembrarlles que agasallos esperan baixo a árbore esa noite.
Un dispositivo de máis de unha vintena de persoas, entre efectivos de Protección Civil, Garda Civil, Policía Local e voluntarios, vixiará o correcto desenvolvemento do evento que terá como punto de partida a esquina da Avenida Elduayen coa Praza Paradela en sentido descendente. Todo percorrido estará valado e no chan marcaranse con tiras de espera á distancia de seguridade que debe manterse. Tras saudar aos Reyes, a carpa abandonarase polo lado contrario da entrada dirección ao palco de música.
Para a ocasión disporase de 150 quilos de caramelos que se repartirán en bolsas individuais e pechadas aos nenos e nenas que mentres esperan a súa quenda poderán gozar dos seres máxicos que comporán este ano a cabalgata como son a Raíña da Neve, un Oso Polar ou fadas, así como divertirse cos simpáticos trasgos e as súas bromas.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, lembra que “aínda que diferente quixemos que o Nadal mantivese a ilusión e maxia que sempre ten no noso municipio” e por iso adaptamos “as actividades á situación que vivimos, compaxinando a seguridade da nosa veciñanza coa posibilidade de vivir o mellor posible o Nadal”.

Entre esas iniciativas, pensadas principalmente para os máis pequenos, destaca a plataforma dixital que permitiu que máis de 700 nenos recibiran unha videochamada persoal nas súas casas dalgunha das súas maxestades, xerando momentos de sorpresas, risas e moita ilusión nas familias, e facendo máis sinxela a espera da noite do 5 de xaneiro.