^ Ir arriba

novas

Sábado, 12 Decembro 2020 13:47

Gondomar dótase de colectores para a recollida de cartuchos de tinta e tóner

 
 O  concello de Gondomar, a través da súa concellería de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, poñerá en marcha unha nova iniciativa destinada a favorecer a reutilización e reciclaxe de materiais que utilizamos no noso día a día e que son altamente contaminantes.

​É o caso dos cartuchos de tinta e tóner das impresoras que, a partir de agora, poderán depositarse en 6 contedores específicos para a súa recollida que se colocarán endependencias municipais accesibles a todos os cidadáns como son o Rexistro Municipal do concello e as instalacións do antigo centro de saúde, ocupadas actualmente polos departamentos de Medio Ambiente e  Benestar Social e Igualdade, ou a xefatura de policía local, entre outros. 

​O servizo será gratuito e unha empresa especializada no sector será a encargada de trasladar o material á planta na que dividirán os seus distintos compoñentes dos que se obten plástico, ferro, aceiro ou po que se destinan á elaboración de novos elementos, mesmo electricidade.

​Desde a concellería de Medio Ambiente puxéronse ata o de agora en marcha diferentes accións dirixidas a promocionar a reutilización e reciclaxe como a promoción da compostaxe, con repartición de case 300  composteiros individuais, a localización de colectores de pilas en distintos puntos de Gondomar, ou o desenvolvemento decampañas de formación e información ambiental entre a veciñanza, en xeral, e prestando especial atención ás novas xeracións.

2O4A6267.jpg

2O4A6271.jpg