^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca o procedemento de adxudicación das prazas de residencia nos centros residencias docentes de A Coruña, Ourense e Vigo para alumnado que no curso académico 2018/19 inicie ou continúe estudos de bacharelato ou ciclos profesionais.

A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca axudas para realizar actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científicotecnolóxica ou STEM ( ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) destinadas a alumnado matriculado en 3º e 4º da ESO en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia durante o curso 2017/18.

O sábado 9 de xuño a especialidade de “Promoción turística local e información ao visitante” do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, realizou unha visita guiada ao Pazo do Conde de Gondomar. O alumnado traballador foi o encargado de guiar a ruta onde se fixeron varias paradas antes de chegar ao pazo.

Trece establecementos da Vila de Gondomar participaron no evento organizado dende a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI e en colaboración ca Concellería de Comercio e Turismo do Concello de Gondomar.

Saturday, 02 June 2018 08:37

Taller de programación de videoxogos

Do 25 ao 29 de xuño, a Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro organiza un taller de programación de videoxogos para os/as mozos/as de 12 a 17 anos.

A XUNTA GALICIA .CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA abre o prazo para solicitar o fondo solidario de libros de texto para alumnado de 3º, 4º,5º e 6º Educación Primaria, 1º, 2º, 3º e 4º ESO; Axudas para adquirir libros de texto para alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e Educación Especial, e Axudas para material escolar destinadas a alumnado de E.Primaria, ESO e E. Especial.

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL convoca axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para posta en marcha de proxectos planifcados e desenvolvidos polos/as mozos e mozas de Galicia.

Friday, 18 May 2018 14:50

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA VIAXANDO

Na casa do Concello, en Gondomar, poderás ver a creatividade da mocidade do Baixo Miño e Val Miñor.
Do 18 ao 31 de maio, temos no Concello de Gondomar a exposición de fotografías presentadas polos participantes ao 11º Certame Fotográfico do ano 2017. Esta exposición reflexan inquedanzas, situacións cotiás, vivencias, intereses da mocidade.

O vindeiro mércores 16 de Maio ás 21:00h na Igrexa de San Bieito de Gondomar teremos a oportunidade de escoitar un fermosísimo concerto a cargo de I Colori Dell´Armonia, quinteto de música barroca. Concerto organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, dentro das conmemoracións polo 35 aniversario do Conservatorio Municipal.

Thursday, 10 May 2018 13:03

CAMPAMENTO URBÁN GONDOVERAN 2018

A Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller (CIM), pon en marcha, por séptimo ano consecutivo, o campamento Gondoverán cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.

Page 67 of 98

Rss