Desde o mércores 16 ata o 20 de maio tivo lugar a sexta edición da Festa da Empanada, organizada pola Asociación de empresarios e comerciantes do Val Miñor (OVALMI) en colaboración ca concellería de comercio e turismo do concello de Gondomar.
A cita gastronómica tivo unha grande acollida entre veciños e foráneos que se achegaron ata Gondomar para gozar desta delicia culinaria tan presente en Galicia.
13 establecementos hostaleiros de Gondomar repartiron durante estes 5 días de celebración do evento, centos de racións de multitude de variedades de empanada: carne, xoubas, polo, flan, entre outras.
A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) afirma que a participación por parte da hostalería foi moi boa tendo en conta o número de locais adscritos e amósanse satisfeitos cos resultados do evento.
Pola súa banda, a Concellería de Comercio e Turismo do Concello de Gondomar, manifesta que seguirá apostando e colaborando con este tipo de citas que permiten potenciar, ademais do lugar, a gastronomía e hostalería do municipio.
Esta 6ª Edición da Festa da Empanada foi a consolidación deste evento no calendario de actividades do Val Miñor.
En esta edición, volveuse a elexir a mellor empanada, sendo os gañadores:
1º PREMIO MELLOR EMPANADA 2018
RESTAURANTE CASA SOLEIRO
2º PREMIO MELLOR EMPANADA 2018
TAPERÍA A GALIÑA
3º PREMIO MELLOR EMPANADA 2018
RESTAURANTE PAZO DA ESCOLA / CAFÉ BAR ESTANCO
O premiado da noite con aloxamiento e desayuno no PARADOR DE TURISMO CONDE DE GONDOMAR EN BAIONA, foi:
IAGO PUGA ACEVEDO