^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

Contratación de 20 traballadores/as a través da liña 3, emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2018. Finaciado pola Deputación de Pontevedra con 218.552,34 €.

O Plan Concellos 2018 está  financiado con fondos propios da Deputación de Pontevedra destinado á colaboración nas obras e servizos de competencia municipal dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, durante este ano se formalizaron 20 contratos de 8 meses de duración: 13 peóns Obras Públicas, 1 ferreiro, 1 electricista, 1 conserxe, 2 conductores, 1 aux advo e 1 técnico turismo.

Un dos eixos principais deste plan é o Emprego (liña 3 do plan). En calquera concello, con independencia do seu nivel de desenvolvemento, a base para impulsar de forma crecente e sostible a prosperidade, a cohesión e a inclusión social é contar cunha oferta suficiente de emprego. Por iso este Plan permite que os concellos destinen unha parte importante da cantidade que lles corresponde á prestación de servizos de competencia municipal de forma directa por medio da contratación de persoal desempregado inscrito no servizo público de emprego, sempre respectando a preferencia na contratación dos colectivos máis desfavorecidos e a debida adecuación salarial á cualificación profesional dos postos que se van cubrir, co límite mínimo do salario mínimo interprofesional que estea vixente en cada momento.

 

PlanConcellos 2018

Friday, 30 November 2018 16:59

Día Mundial da Sida

Co motivo do día mundial haberá postos de información e revisión o día 1 de decembro na Praza de Abastos.

 

dia mundial da loita contra a sida

Sunday, 18 November 2018 12:00

Obradoiros Científicos

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar promove por segundo ano consecutivo unha iniciativa para fomentar unha ciencia divertida que esperte a curiosidade .

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro quere achegar á mocidade a ciencia e estimular o gusto polo saber científico.

 

Este ano vanse realizar uns obradoiros distribuídos por idade e temáticas durante os días 7,8 e 9 de decembro no Auditorio Lois Tobio. Levaremos a cabo obradoiros de natureza, de química, creativos, de auga, de fogo, aprenderemos experimentando e de forma amena.

 

Todo o que se anime a participar rematará esta experiencia coa visita a Exposición de Recursos Naturais de Galicia da Escola Técnica Superior Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo.

Para participar tes que chamar a Oficina Municipal de Información Xuvenil ( OMIX) no 986.369.746 e inscribirte a partir do 20 de novembro e ata rematar aforo.

 

OBRADOIROS CIENTIFICOS 1

O Programa TECENDO LAZOS 2018 da Deputación de Pontevedra chega a Gondomar cun obradoiro interxeracional no ámbito do lecer e o tempo libre.

 

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro oferta da través do Programa TECENDO LAZOS 2018 da Deputación de Pontevedra o obradoiro RISA e MOVEMENTO.

A proposta e que os días 24,26,27,28,31 de decembro e 2,3,4 de xaneiro en horario de 11:00 a 13:00 poñamos en marcha este obradoiro. Poderán participar todos e todas as interesadas que teñan entre 10 e 99 anos.

Para poder participar deben cubrir unha solicitude, poden descargala na páxina www.concellodegondomar.gal ou na OMIX, aportando Fotocopia DNI e volante empadroamento. Tedes de prazo para realizar a solicitude dende o 20 de novembro ata 10 de decembro do 2018.

 

mod cartel gondomar

 

 

Monday, 12 November 2018 12:55

Programa Depo Integra Xove

Programa de integración para persoas de entre 16-29 anos organizado pola Deputación de Pontovedra.

Solicita participar no programa "Depo Integra Xove" na web: www.depo.es

depointegra

 

 

A partir del día 5 de noviembre, los vecinos de Gondomar contarán con los Servicio de Vitrasa que por primera vez llegará al Polígono Industrial de A Pasaxe, Gondomar.

Wednesday, 31 October 2018 12:36

Becas para estudar chino.

Convócase 25 axudas para aprendizaxe do idioma chino nunha universidade de Pekin.
Presentación de solicitudes ata 12/11/2018
información: www.fundacionico.es
 
becas china
Informamos que o vindeiro día 28 de outubro dende as 7:00 ata as 11:00 horas, se procederá a deixar fora de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións no suministro de electricidade durante ese intervalo de tempo.
 
As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes ruas ou zonas:
 
MORGADANS: Lugares SAN ROQUE, GULFAR, GONDOMAR, RAPOSEIRAS, PADRONS, HERVILLAS, BATIZOSA, VIÑO, GUILLUFE, XENDE, AVELOSA, PEDRA, CMÑO. BRANCO, ENTREVIÑAS, LAGO, GONDA, QUEIMALIÑOS, CARBALLAS, CARBALLEIRA, PICOUSO, BARALLA.
CHAIN: Lugares FOUCO, MOURISCA, IGLESIA, PINTOR, CASTELO, LOUREIRO, PEDROUCO, ROGODAGUA, TORRE, PARABOA, MOURISCA.
MAÑUFE: LG. SEQUIÑAS.
LOUREDO: LG. TORREIRA.
PEITEIROS: Lugares FONTE, AREA, GANDARA, PEROLEIRA.
COUSO: Lugares BOUCIA, BASTIDA, FONTEIRIÑAS, LAXES, BANDEIRIÑAS, TERRA DO REI, VACARIAS, C/ MANUEL GONDA PEREZ, FEIRA, CMÑO. CHAPURRA, PORTELA, PEDREIRA, TORRE, ALDEA A FRAGA.
GONDOMAR: AMEIXEIRA, C/EDUARDO IGLESIAS, CMÑO. AMEIXEIRA A COTRO. C.T. PARTICULARES: 36P742 (ROCHELA-GONDOMAR); 36PZ79 (PEROLEIRAGONDOMAR)
 
 
Señal eléctrica
Wednesday, 24 October 2018 18:57

Viaxe a Almería

Nosos maiores estiveron de visita en Almería y nos deixaron estas instantáneas de recordo.

 

IMG 20181024 WA0002

IMG 20181024 WA0001

Wednesday, 24 October 2018 10:20

Becas Fundación ONCE-CRUE

Becas-prácticas remuneradas en empresas para estudantes con dicapacidade.

 

Prazo: ata o 17 de decembro

Incricións: https://becas.fundaciononce.es/Paginas/BecasPracticasOnceCrue.aspx

 

 

fundacion once crue

 

 

Page 63 of 98

Rss