^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

O Goberno Municipal de Gondomar entrega á Entidade Local Menor de Morgadáns 168.661€ para investir na parroquia.

O Concello de Gondomar, una ano máis en tempo e forma, fai entrega á Entidade Local Menor de Morgadáns da cantidade de 45.863,35 euros, correspondentes o 25% dos impostos devindicados no exercicio do ano 2018, ao obxecto de que sexan investidos, coma considere o seu presidente, nas melloras na parroquia.

Neste mandado, baixo o goberno de Paco Ferreira como alcalde, a Entidade Menor de Morgadáns recibiu puntualmente ditas aportacións dinerarias: no ano 2015 a cantidade de 42.156,89 euros, no 2016 a cantidade de 40.172,43 euros, no 2017 a cantidade de 40.468,38, e este ano 45.863,35 euros, sumando un total no carto mandato de 168.661,05 euros.

Ademais, da aportación da cantidade indicada, o goberno municipal levou a cabo distintas melloras en infraestruturas e servizos, así como a tramitación e xestión para a mellora da carreteira de titularidade municipal por valor de máis de 400.000 euros de inversión, o desraizado da carreteira de Prado, o acondicionamento de camiños, o a modificación e revisión do proxecto de saneamento e recuperación do barrio de A Pedra, concluíu o alcalde Paco Ferreira.

 

WhatsApp Image 2019-03-05 at 17.50.39.jpeg

Thursday, 21 February 2019 13:38

Axudas para cursos de inglés.

Axudas para a realización de cursos de inglés para alumnado da ESO e bacharelato.

axudales

A concellería de Cltura e Turismo convoca, con carácter gratuito, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificado CELGA nos niveis 1,2,3,4.

celga

Thursday, 07 February 2019 10:41

Curso preparación competencias clave nivel 2

CURSO PREPARACIÓN COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2.

Non tes a ESO e non podes acceder a certificados de profesionalidade.

O Concello de Gondomar propón unha saída:

 

A concellería de Xuventude e Emprego do Concello de Gondomar vai por en marcha unha iniciativaformativa para as persoas que non teñan formación básica necesaria para acceder a certificados de profesionalidade.

Certificados profesionais, que  permitan insertarse no mercado laboral.

Este curso formará as persoas nas catro competencias clave e as preparará para que se presenten o exame que realizará  a Consellería de Economía, Empleo e Industria.

Unha vez superado ese exame, poderán acceder os certificados de profesionalidade do nivel 2,  para calquera das 26 familias profesionais existentes.

Este curso que comezará a partir do 19 de febreiro ata o 22 de maio, terá unha clase presencial á semana na que se traballarán as competencias de : matemáticas, inglés, lingua galega e lingua castelá.

Para inscribirse cubrir anexos ( CDL ou OMIX) e entregalos no rexistro do Concello durante o período de inscrición que rematará o día 14 de febreiro.

Para máis información chamar ao 986.369.746  ou 986.384.020

Wednesday, 06 February 2019 20:27

Axudas para emprendimiento. Iniciativa Xove

Programa de axudas para poñer en marcha proxectos liderados pola mocidade.

 

iniciativaxovecartel

A Concellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca as probas para a obtención de carnés profesionais e habilitacións profesionais.

HABILITACION 2019 1

Sométese a información pública dun mes o expediente para que aquelas persoas interesadas poidan presentar as alegacións, documentos ou xustificacións que consideren pertinentes.

2790.2018 BOPPO 30.01.2019 CAMINO DA POUSA PINEIRO PEITIEIROS

A Concellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca axudas destinadas a alumnado do Sistema Universitario galego que, por causas sobrevidas e imprevistas, teñan dificultades económicas para continuar os estudos.

axudas causas sobrebidas

A Concellería de Educación, Universidade e Formación convoca as probas para obtención do título de bacharel.

probas bacharel

A Concellería de Educación convoca as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior 2019. 

PROBAS GRAO MEDIO E SUPERIOR

Page 61 of 98

Rss