^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

Tuesday, 09 July 2019 14:09

VIII Xuntanza Folclórica

A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe organiza, o vindeiro sábado 20 de xullo, a VIII Xuntanza Folclórica.
Wednesday, 03 July 2019 16:08

Entrega de diplomas dos cursos online

Acto de entrega de diplomas dos cursos online organizados pola Concellería de Igualdade por parte da concelleira de igualdade e técnica do departamento.

 

Wednesday, 03 July 2019 16:06

Rutas de senderismo

Hoxe deron comezo as rutas de senderismo organizadas pola concellería de xuventude.

Tuesday, 02 July 2019 13:48

Cinema na Rúa

Xa está de volta o cinema na rúa con COCO!! ??
 
Esperámosvos o próximo venres, ás 22:30, na Ponte das Rosas.
 
Contamos contigo.
 

Charla enmarcada dentro do ciclo de charlar-talleres da Concellería de Igualdade dentro de Centro de Información á Muller dirixida pola Concelleira Nuria Lameiro Valverde.

 

Terá lugar o venres 5 de xullo no Centro Neural ás 19h e correrá a cargo de Martina González Veiga, psicóloga, sexóloga e sanitaria especializada en intervención e acompañamento psicolóxico en diversidade sexual e de xénero ademais de terapeuta de parella.

 

O Obxectivo principal desta charla-taller é facilitar a toma de conciencia de familias e profesionais de que é imposible non educar e que o silencio tamén educa. A educación sexual comeza dende a infancia e ten que ver con aspectos tan importantes como a autoestima, os afectos, o autocoñecemento, a comunicación, as relacións e os vínculos que establecemos cos demais, os roles, o xénero, a diversidade sexual, o pracer ou o consentimento. Polo que non so ten en conta a dimensión biolóxica, senón tamén a psicoloxía, a social e cultural. Veremos de que falamos realmente cando falamos de sexualidade, do sexo que somos, do que temos e do que facemos.

 

Engadir que a entrada é de balde ata completar aforo, polo que non é necesario facer una inscrición previa.

 

Tuesday, 02 July 2019 11:50

Os caminos de Santiago polo Val Miñor

Como parte do traballo da especialidade de "Promoción Turística Local e información ao visitante" do Obradoiro de Emprego Valmiemprega III, temos programadas tres rutas Guiadas dirixidas ao público en xeral e que terán lugar en Baiona, Nigrán e Gondomar os día 10, 12 e 18 de xullo respectivamente.
 
Friday, 28 June 2019 12:58

Día Internacional do orgullo LGTBIQ

A Concellería de Igualdade (cim) do Concello de Gondomar mostra o seu apoio ó Día Internacional do orgullo LGTBIQ a favor dunha identitade sexual libre e en Igualdade de condicións.
 
#DiversidadeEIgualdade
 
 
A CONCELLERÍA DE DEPORTES do Concello de Gondomar organiza cursos de 1º Auxilios nos Centros Culturais do concello.
 
A Concellería de Deportes dirixida por Nuria Lameiro Valverde co lema “TI PODES SALVAR UNHA VIDA”, vai por en marcha durante o mes de xullo un ciclo de charlas sobre primeiros auxilios en cada unha das parroquias do Concello de Gondomar.
Queremos facilitar a participación de toda a veciñanza nesta actividade realizándoo no seu entorno mais inmediato.
Nesas dúas horas traballaranse as distintas pautas de actuación básicas ata que non chegue a asistencia médica de maneira teórico-práctica. Nos ocuparemos dos signos vitais, avaliación primaria e secundaria, síncopes, convulsións, conduta PAS, atragantamentos posición lateral de seguridade, centrándonos na reanimación cardio/pulmonar. Todos debemos ter uns coñecementos mínimos imprescindibles para que o noso deber de prestar axuda sexa eficaz e poidamos tanto minimizar lesións nun accidente como salvar a vida do accidentado.
 
Todos os interesados en participar nestas 12 charlas deben pórse en contacto co centro cultural da súa parroquia. Para os que se van realizar no Centro Neural deberán inscribirse no 986.369.746.
 

O vindeiro xoves 27 de xuño, as 19:30, no Auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar terá lugar a primeira presentación dos obxectivos e metodoloxía do Plan de Mobilidade Urbana Sostible. É moi útil a vosa participación neste evento para seguir avanzando no mellor Plan para Gondomar.

Wednesday, 19 June 2019 17:15

Rutas de sendeirismo

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar dentro do programa de ocio para este verano pon en marcha os días 3, 4, e 5 de xullo unhas rutas de sendeirismo.

 

A concellería de Xuventude dirixida por Nuria Lameiro,  proponvos para dar comezo o mes de xullo unhas rutas de sendeirismo. O 3 de xullo levarase a cabo a “Ruta das Ánimas” visitando a Ponte das Ánimas, antigo muíño e coñecendo o entorno da ribeira. O 4 de xullo, “Ruta do Río Miñor” en dirección a Mañufe coñeceremos a paisaxe da ribeira e o seu entorno; e o 5 de xullo “ Tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte” variante do camiño portugués que ven de Vilanova de Cerveira. Este tramo chega ao  Concello de Gondomar a través da  parroquia de Couso, na capela dos Remedios,  pasaremos polo Pazo do Conde de Gondomar.

O Obradoiro de Emprego Valiemprego III será o encargado de guiar estas rutas para dar a coñecer o noso patrimonio natural , arqueolóxico e etnográfico.  Esta actividade pode realizarse en familia, a partir dos 7 anos.

As rutas darán comezo as 10:00 da mañá, o punto de encontro e recollida será no parque da Coelleira. A recollida dos menores que veñan sen un adulto,  a partir das 12.00h.  Para participar nestas actividades tes que inscribirte presencialmente na OMIX do Concello de Gondomar ou chamar ao 986.369.746, ata completar aforo en cada unha de elas.

Page 56 of 98

Rss