^ Ir arriba

novas

Tuesday, 02 July 2019 12:13

Como lle falo diso? Aprendendo a abordar a educación sexual das crianzas

Charla enmarcada dentro do ciclo de charlar-talleres da Concellería de Igualdade dentro de Centro de Información á Muller dirixida pola Concelleira Nuria Lameiro Valverde.

 

Terá lugar o venres 5 de xullo no Centro Neural ás 19h e correrá a cargo de Martina González Veiga, psicóloga, sexóloga e sanitaria especializada en intervención e acompañamento psicolóxico en diversidade sexual e de xénero ademais de terapeuta de parella.

 

O Obxectivo principal desta charla-taller é facilitar a toma de conciencia de familias e profesionais de que é imposible non educar e que o silencio tamén educa. A educación sexual comeza dende a infancia e ten que ver con aspectos tan importantes como a autoestima, os afectos, o autocoñecemento, a comunicación, as relacións e os vínculos que establecemos cos demais, os roles, o xénero, a diversidade sexual, o pracer ou o consentimento. Polo que non so ten en conta a dimensión biolóxica, senón tamén a psicoloxía, a social e cultural. Veremos de que falamos realmente cando falamos de sexualidade, do sexo que somos, do que temos e do que facemos.

 

Engadir que a entrada é de balde ata completar aforo, polo que non é necesario facer una inscrición previa.