^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

Realizáronse dous itinerarios, os rapaces de 1º e 2º fixeron "Explorando Monte Boi", comezando na Praia da Cuncheira e comprobando por eles mesmos as conchiñas que forman a súa área. Seguidamente fixeron unha parada na Praia dos Frades e observaron a porta da fortaleza que leva o mesmo nome. A seguinte parada foi aos pés da Torre do Príncipe, dende onde se observa unha fermosa panorámica das Illas Estelas e das Cíes. Seguidamente coñeceron as características da Baía, da doca, a Torre da Tenaza, para finalizar a ruta correndo e desfrutando na Praia da Barbeira observando o Monterreal Club de Iates e o porto pesqueiro.

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca 700 bolsas para alumnos/ as de centros educatvos españois para a partcipación durante unha semana na recuperación e utlización educatva de pobos abandonados ( Granadilla, Búbal, Umbralejo) no período do 8 xullo ao 4 agosto. Con este programa preténdese un achegamento á vida rural dos mozos.

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca 2.200 axudas para participar nun programa de inmersión Lingüística en inglés, en colonias de vacacións durante dúas semanas para alumnado matriculado en 1º e 2º dá ESO.

O Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, realizou o día de onte, unha visita guiada arredor de Gondomar para os 20 alumnos e alumnas acompañados dos profesores, procedentes de Normandía, que están de intercambio co IES Auga da Laxe.

A Deputación de Pontevedra convoca 200 bolsas de práctica laboral nos concellos da Provincia de Pontevedra e na Deputación destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior de formación profesional, sen experiencia laboral no ámbito da súa titulación académica coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento que poidan facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.

A Concellería de Cultura e o OMIX do Concello de Gondomar, dirixidas por Nuria Lameiro, presentan un cartel cheo de actividades programadas para todo o 2018.

O alumnado-traballador da especialidade de “Promoción turística local e información ao visitante” do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, promovido polos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, realizaron unha a actividade “Charlas didácticas” cos rapaces de 1º, 2º, 3º Y 4º de primaria do CEIP de Sabarís de Baiona.

O alumnado-traballador da especialidade de Promoción turística local e información ao Visitante do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, realizou una visita guiada co alumnado de 2º da ESO do IES Valmiñor de Nigrán arredor de Praia América.

O alumnado-traballador da especialidade de “Promoción turística local e información ao visitante” do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, promovido polos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, realizaron unha a actividade “Charlas didácticas” cos rapaces de 1º e 2º de primaria do CEIP de Belesar de Baiona.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, o texto íntegro da aprobación inicial dos estatutos da Asociación administrativa de cooperación da fase I do Proxecto sectorial supramunicipal do polígono industrial “A Pasaxe”, no Concello de Gondomar, co fin de que cantos interesados houbera no procedemento poidan consultar o mesmo e presentar cantas alegacións e documentos estimen oportunos. O expediente estará á súa disposición no departamento de urbanismo do Concello de Gondomar, en horario de 09.00 a 13.30 horas.

Page 70 of 98

Rss