Coa denominación de “Asociación Administrativa de Cooperación da Fase I do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do polígono industrial A Pasaxe, sito no municipio de Gondomar, provincia de Pontevedra, constitúese polos propietarios dos terreos situados na devandita fase I unha entidade urbanística colaboradora, con personalidade xurídica propia, de carácter xurídico-administrativo, e que actuará coa capacidade de obrar e atribucións que, para o efecto, confírenlle os artigos 288 e 322 e seguintes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia, a cal estará formada polos propietarios que, polo menos, representen o vinte e cinco por cento (25%) da superficie total da mesma (artigo 288 do Regulamento da Lei do chan de Galicia).