^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018 (código de procedemento BS410A).

A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca as probas para obtención do título de gradudado en educación secundaria obrigatoria (ESO) para maiores de 18 anos.

A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca as probas para obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos no ano 2018.

Convocatoria de subvencións para clubs deportivos sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito inferior a nacional para o ano 2018. O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 23 de febreiro de 2018.

Saturday, 20 January 2018 11:02

Bolsas para estudos universitarios en Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Orientación Universitaria convoca axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula do curso 2017/18 do alumnado de 2º e posteriores cursos matriculados en estudos universitarios oficiais do Sistema Universitario de Galicia nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos establecidos polo Real Decreto 1000/2012 do 29 de xuño.

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar nos empraza este domingo 21 de xaneiro no Auditorio Lois Tobio ás 18:00h a ter unha cita que vai desbordar cos risos.

O Instituto Galego das cualificación da dirección xeral de orientación e promoción laboral convoca en Galcia o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas
a través da experiencia laboral ( Nivel 2-3 competencias deben xustificar 3 anos de experiencia cun mínimo de 2.000h traballadas nos últimos 10 anos) ou da formación non formal ( nivel 2-3 competencias deben xustificar polo menos 300h nos últimos 10 anos).

A comisión interuniversitaria de Galicia convoca as probas de acceso a Universidade para maiores de 25 e 45 anos que non posúan ningunha titulación académica que dea acceso á universidade por outras vías.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para o 2018 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e as súas federacións, destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, que este ano achegará un total de 180.000 euros.

III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Do 14 ao 28 de xaneiro de 2018. A partir do vindeiro domingo 14 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar, ten como obxectivo fomentar e coordinar actividades dirixidas a potenciar tanto a creatividade teatral como a representación.

Page 74 of 98

Rss