^ Ir arriba

novas

Friday, 19 January 2018 09:37

AULA DE TEATRO, “Pritis guomis” presentan PATACLOWN

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar nos empraza este domingo 21 de xaneiro no Auditorio Lois Tobio ás 18:00h a ter unha cita que vai desbordar cos risos.

A Aula de Teatro do Concello de Gondomar leva sete anos investigando todas as posibilidades é xéneros do teatro. Chegados a este punto , queremos presentar a obra PATACLOWN, con ela este grupo de mozos nos amosan outra das múltiples experiencias escénicas posibles, esta vez detrás dunha nariz vermella.
Baixo a inocente aparencia de 12 pallasas , a súa directora Lola Correa nos amosa neste traballo que: todo é posible para un CLOWN.
O Concello de Gondomar coa colaboración da Deputación de Pontevedra leva dez anos apostando polo traballo da Aula de Teatro, teñen nas súas costa máis de oito obras representadas e ano a ano nos sorprende e agrada seguir así, traballando cun grupo de mozos e mozas que van mudando pero o obxectivo final, o teatro, segue firme.