^ Ir arriba

novas

Tuesday, 15 May 2018 11:57

Concerto de I Colori Dell´Armonia en Gondomar

O vindeiro mércores 16 de Maio ás 21:00h na Igrexa de San Bieito de Gondomar teremos a oportunidade de escoitar un fermosísimo concerto a cargo de I Colori Dell´Armonia, quinteto de música barroca. Concerto organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, dentro das conmemoracións polo 35 aniversario do Conservatorio Municipal.

A entrada e gratuita ata completar aforo.
Será un programa dedicado a Telemann e Couperin interpretado por os seguintes magníficos músicos:
Mariña García-Bouso Fernández, violín
Josepe Andoni Conde Villar, violín
Xurxo Varela Díaz, viola da gamba
Débora Valuja González, cravo
Eneas Fernández Freire, tiorba
I Colori Dell'Armonia nace en 2010 na cidade portuguesa de Oporto. A unión dos músicos xurde por ser todos alumnos do Curso de Música Antiga da Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (ESMAE) desa cidade.
Partindo dunha constitución base (dous violíns e cravo), a súa formación varía dependendo do repertorio, ampliándose con outros instrumentos como o violoncello, a viola da gamba, tiorba, guitarra barroca, voz, etc…
A súa estrea en público foi en Agosto de 2010 en Ribadeo (Lugo). Desde ese momento nunca deixaron de presentarse en público nin de continuar a súa formación, tanto individualmente como en grupo, asistindo a diversas masterclass con músicos de alto nivel no ámbito da interpretación histórica formada como Amandine Beyer (violín barroco), Marco Ceccato (violonchelo barroco), Ana Mafalda Castro (cravo), Guido Morini (cravo), Ana Fontana (cravo), Giovanni Togni (cravo), entre os mais salientables.
Teñen tocado en varios lugares de Galicia, así como de Portugal.
Sendo a súa premisa a interpretación históricamente informada empregan diapasón e instrumentos históricos.
O concerto será gravado en directo pola Radio Galega.