Pásate a visitala e poderás ver de primeira man os traballos presentados por vinte mozos e mozas participantes dos concellos de Baiona, Gondomar, Tomiño, Salceda, O Rosal, A Guarda, Porriño e a Casa de Xuventude de Tui.
A actividade está organizada polas oito OMIXs do Baixo Miño e Val Miñor e pola Casa de Xuventude de Tui nun traballo en coordinación. É un certame cunha traxectoria que se vai afianzando e sendo un referente para a mocidade con interese pola fotografía.
O gañador do premio do 11º Certame Fotográfico VIAXANDO no ano 2017 foi Daniel Álvarez Fonterosa coa foto “ Namorados no Interrail” presentada na Casa da Xuventude de Tui.
Noraboa Daniel!!!