^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

O concello de Gondomar presentou ante a Xunta de Galicia unha solicitude para adecuar caminos e pistas municipais á lei de prevención e defensa contra os incendios forestais e garantir a súa limpeza atendendo as medidas de seguridade establecidas para previr a propagación dos lumes.

Concretamente dende a concellaría de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica seleccionáronse un total de 21 camiños, que suman entorno aos 10 kilómetros de terreo abarcando prácticamente todas as parroquias do municipio.

A elección destes caminos atenden a criterios de seguridade e de creación de faixas de descontinuidade na biomasa vexetal con fin de protexer os núcleos de pobación. Ademáis valoráronse aquelas zonas nas que a continuidade da masa arbórea era perigosa en caso de lumes forestais.

Esta petición tramítase ao amparo do convenio entre Xunta de Galicia, FEGAMP e SEAGA (Servicios Agrarios Gallegos S.A) e que contempla a preparación de camiños municipais e a limpeza subisidiaria da súa superficie incluída na rede terciaria de faixa de xestión de biomasa.

•​A nova empresa iniciará a prestación do servizo o 1 de xaneiro de 2021 e contempla a subrogación da plantilla actual, 23 auxiliares e 1 traballadora social.

 

•​O novo contrato suporá un incremento anual de 221.000 euros por parte do concello de Gondomar.

 

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e o xerente da empresa Idades S.L., Víctor Manuel Durán, asinaron esta mañá o contrato administrativo polo que a empresa asume a xestión do Servizo de Axuda do Fogar (SAF) de Gondomar que atende anualmente a máis de medio centenar de usuarios. No 2020 a Xunta otorgou mensualmente un total de 2158 horas a este servicio, que no caso de Gondomar “foron efectivamente prestadas”.

​A previsión é que a partir de xaneiro o número de horas por parte do Gobernoautonómico increméntense ata as 2.500 ao mes cun custo de 17,06 euros que implicará un crecemento na partida anual do concello de 221.000 euros. Segundo o contrato asinado o orzamento previsto para o primerio ano ascenderá a 574.718,98 euros, cantidade que se incrementará anualmente ata alcanzar, ao finalizar o contrato no 2025,a un investimento total de 2.667.285, 52 euros. 

​O alcalde de Gondomar destaca o importante esforzo que “o noso goberno fai en materia de benestar social. Coas cifras na man o gasto nas partidas destinadas a este departamento rexistran un incremento dun 500% respecto a os últimos anos”. Suliñaque a nova nova concesionaria do SAF amosou o seu compromiso de “realizar no primeiro ano diferentes actividades formativas así como políticas de captación para incorporar máis persoal ao servizo”.

​Pola súa banda a concelleira responsable de Benestar Social, Nuria Lameiro, valorou positivamente o contrato asinado destacando que proba “o compromiso do nosogoberno polas políticas sociais e centradas na defensa e atención dos colectivos máisvulnerables e necesitados neste momento”.

​A empresa IDADES S.L, que tamén presta este servizo en concellos limítrofes como Tomiño, Salvaterra do Miño, Baiona ou Porriño, tamén inclúe unha serie de melloras nos servizos de fisioterapia, podoloxía ou barbería a domicilio, así como a oferta de axudas técnicas.

 O alcalde reitera a necesidade de que “todos rememos no mesmo sentido e non se deixe a responsabilidade das políticas sociais únicamente en mans dos concellos”. Neste sentido lamenta que a Xunta “nos obrigue a asumir competencias impropias pola súa incapacidade de incrementar as partidas en materia social, igualdade ou educación, cuestións que está a deixar nas nosas mans , afogando económicamente os nososmunicipios”, concluíu.

99fbea1c-703a-40bb-baee-1d914c697688.jpg

Desde a concellería de comercio infórmase da apertura do prazo de renovación das autorizacións de venda ambulante no mercado dos martes en Gondomar.

Todas as persoas interesadas en solicitar/renovar,deberán achegar a solicitude na oficina de Rexistro Xeral do Concello de Gondomar no horario de 09:00 a 14:00, de luns a venres, ou mediante sede electrónica https://bit.ly/3kHuqoe

Prazo presentación solicitudes ata o 7 de decembro de 2020.

 

Solicitud NOVA ALTA mercado ambulante 2021

Solicitud RENOVACIÓN mercado ambulante 2021

 

 

mercadillo.jpg

• Os IES Auga da Laxe e Terra Turonio acollen a 2ª edición do ciclo “Falamos”, dirixido ao alumnado da ESO
• O programa, como o ano pasado, prevé no mes de decembro dúas charlas abertas ás familias.

 

Por segundo ano consecutivo o concello de Gondomar, a través da Concellaría de Xuventude, dirixida por Nuria Lameiro, pon en marcha nos meses de novembro e decembro o programa “Falamos”, subvencionado a través do Plan Concellos da Deputación Provincial, dirixido ás novas xeracións e as súas familias para previr e abordar os conflitos ou dúbidas aos que se teñen que enfrontar.
Como na anterior edición traballaranse diferentes áreas cos adolescentes nas clases, que se dividirán en charlas e o posterior no desenvolvemento de obradoiros. Así no caso do alumnado dos dous primeiros cursos da ESO centraránse sobre a intelixencia emocional “tentando que a mocidade coñeza as súas propias emocións e aprenda a manexalas, tanto as positivas como as negativas”. Así mesmo abordaranse as novas formas de violencia, as que se exercen desde as redes, ensinando aos mozos e mozas como identificalas e evitar a súa normalización.
O alumnado de 4º e 5º da iso participarán nas charlas tituladas “Falamos do meu futuro”, cuxo obxectivo é facilitarlles ferramentas para que saiban identificar as súas habilidades, aptitudes e coñecer as novas profesións que están a o seu alcance para que as poidan desenvolver.
A implicación das familias neste ciclo é fundamental, e do mesmo xeito que se fixo na primeira edición, prográmanse dúas charlas abertas a elas -que se publictarán ao seu debido tempo-, onde cos pais e nais falarase sobre as súas principais preocupacións e facilitaránselles as pautas positivas a aplicar ante conflictos que adoitan xurdir nestas idades.

 

II falamos.jpg

•A concellería de Benestar, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais do municipio, promoven esta iniciativa dirixida ás familias máis vulnerables.
•Entre o 16 de novembro e 23 de decembro os interesados poderán ingresar os seus donativos, a cantidade que consideren, nunha conta habilitada para a ocasión.

Coa incerteza da pandemia aínda sobre nós, dende o Concello de Gondomar séguese a traballar para que a veciñanza adáptese da mellor maneira a “nova normalidade” imposta polo covid19, intendando que as repercusións para todos sexan as menores posibles, prestando axuda, desde a primeira onda da enfermidade, as familias máis vulnerables social e económicamente.
“Especial atención queremos ter cos máis cativos destas familias, eses nenos e nenas que demostraron unha gran responsabilidade e heroísmo dándonos unha gran lección a todos e por iso temos que manter viva a súa ilusión neste Nadal e asegurarnos de que ningún deles queda sen o seu regalo nestas datas”, manifesta o alcalde, Paco Ferreira.
Por esta razón, desde a concellería de Benestar Social de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais, arrinca hoxe a campaña “Gondoilusión, ningún neno e nena sen agasallo”, cuxo obxectivo é recadar fondos que permitan comprar regalos para os menores de 16 anos das familias menos favorecidas do concello de Gondomar.
Os ingresos de poderán realizarse na conta bancaria ABANCA ES53 2080 5035 0230 4000 9345, coa referencia “Gondoilusión”. A concelleira convida á veciñanza da localidade a sumarse a esta iniciativa “achegando o que en boa medida poidan, 1, 5 3 euros ou a cantidade que consideren oportuna” e explica que cada destinatario recibirá un vale -cun valor igual para todos- que se poderá gastar en distintos comercios locais que se sumaron á iniciativa, favorecéndose asi tamén o apoio a este sector seriamente prexudicado durante a pandemia.
Para máis información dirixirse ao teléfóno 986384473 ou ao correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it..

 

GONDOILUSIÓN.jpg

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, anunciou esta fin de semana a súa intención de destinar o 50 por cento do orzamento previsto para a iluminación do Nadal a emerxencia social “porque somos conscientes de que son moitas as persoas que se viron afectadas dunha forma ou outra por estes tempos convulsos que estamos a vivir coa pandemia”.
Por esta razón incrementar as achegas ás partidas dirixidas a atender ás familias máis vulnerables converteuse nun dos obxectivos prioritarios nestes momentos. Algo que, tal e como explica o rexedor, “non impedirá que Gondomar siga lucindo como outros anos durante as festas de nadal, con luces e actividades pensadas e dirixidas aos nosos veciños”.
Reducirase, con todo, o investimento en iluminación, que se manterá no centro urbano e nas prazas máis emblemáticas do municipio, así como a “árbore vermella” que se converteu nun referente do Nadal no concello. Ademais, este ano tampouco se instalará o Belén en movemento que, tradicionalmente vén realizando un veciño do municipio, nin elementos decorativos como o Tranvía que se recuperou o ano pasado.
Todo iso permite reducir o orzamento en case un 50 por cento respecto ao ano pasado e destinar así o resto a axudas de emerxencia social que existan no municipio.
Unha preocupación que, desde o inicio da lexislatura, e máis durante a presente pandemia preocupou ao goberno local, como proba o incremento nun 500 por cento as partidas de Benestar Social.
Esta mesma semana asinarase o contrato coa empresa Idades S.L que se fará cargo do Servizo de Axuda ao Fogar (SAF), que recolle un incremento na partida anual do concello de 221.000 euros. Súmase este gasto aos asumidos noutros servizos como o banco de alimentos municipal (que duplicou o seu investimento mensual) ou o pago de comedores escolares, alugueres ou igualdade, que “converte a Gondomar no concello que máis inviste en materia social de toda Galicia”, asegura o seu alcalde.

 

luces.jpg

• Un “miniecopunto” percorrerá as diferentes parroquias e centros educativos da localidade para facilitar a recollida destes refugallos en todo o municipio.
• A iniciativa enmárcase dentro do marco de colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra e o proxecto europeo  ESTRAEE.

 “Con feitos e accións concretas seguimos avanzando na nosa aposta clara por converternos nun municipio referente na loita contra o cambio climático, así como enmateria de reciclaxe e reutilización dos residuos electrónicos e eléctricos”, manifestou o alcalde Paco Ferreira, quen subliñou “que neste labor queremos implicar a toda a poboación  facilitándolle os medios necesarios para desbotar de forma segura os produtos que xa non usan”.

 Con esta finalidade instalaranse no municipio tres caixas de recollida destinadas especificamente para os teléfonos móbiles e  tablets, pilas, e, cargadores, que poderán ser depositados alí pola veciñanza e que posteriormente depositaránse no punto limpo. Esta acción complétase cun  tótem informativo situado nun lugar accesible a todos para achegar información sobre o proceso de reciclaxe e reutilización destes materiais, así como sobre a súa capacidade altamente contaminante.

 Todos  eles conformarán un “miniecopunto” que rotará a súa localización para chegar así ao maior número de persoas posible. O primeiro punto no que se colocará será a Praza de Abastos, para posteriormente ser trasladado por períodos de 15 días

-que serán publicitados con anterioridade- aos centros culturais das parroquias de Gondomar, así como aos CEIP Chano Piñeiro, Neira Vilas e Serra Vincios, Souto Donas e os IES  Auga da Laxe e IES Terra Turonio.

​Esta medida enmárcase entro do proxecto de Estratexia Sostible Tranfornteriza para a Xestión de Rediduos e Aparalleos  Electónicos (ESTRAEE), promovida pola Deputación Provincial e á que se adscribiu o concello de Gondomar, e cuxa finalidade é impulsar no espazo transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal a xestión do lixo electrónico.

O concello de Gondomar contará, ademais dun espazo específico no punto limpo, cunha nova  transpaleta no recinto para facilitar a recollida e almacenamento dos residuos.

 

546e7e14-de0a-49d0-915a-bee73497b8f3.jpg

 

miniecopunto modi.jpg

Thursday, 12 November 2020 16:04

Responsables de POVISA visitan Gondomar

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xunto a concelleira de Sanidade, Nuria Lameiro, recibiron hoxe ao director asistencial de Povisa, Rafael Cabadas, e o seu xerente, José David Zafrilla.
No encontro explicáronlles como se está a coordinar a atención sanitaria no centro -de referencia para un importante número de veciños do municipio- en relación coa covid19, así como os proxectos que se van a desenvolver nun futuro para crear novas áreas no centro para garantir o mellor servizo para os pacentes.
Ambos amosaron a súa disposición de colaborar co concello na medida que sexa necesaria, así como atender as demandas ou suxestións que se lles faga chegar.

 

 

8e534a24-caee-4451-ae06-e3cba8cd703c.jpg

O teatro regresa este sábado, 14 de novembro, ao auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar da man da compañía Aporía Escénica, que representará o seu traballo “6 cubos negros en corpo branco”, escrita e dirixida por Diana Mera. A función, recomendada para público maior de 13 anos, comezará ás 20.00 horas.
Sobre o escenario cinco actrices que darán vida as persoaxes dunha traxicomedia sobre a opresión familiar e social, con tinturas de humor negro e absurdo e referencias ao universo lorquiano da Casa de Bernarda Alba.
O aforo será limitado a 30 persoas cumprindo a normativa de prevención covid19 vixente neste momento no noso municipio.
As entradas poderanse adquirir ao prezo de 3,50 euros unha hora antes da función no propio auditorio, ata completar o citado aforo.

 

dos.jpg

O goberno local, a través da súa concellería de Igualdade, dirixida por Nuria Lameiro, puso en marcha hoxe ás actividades programadas con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o próximo 25 de novembro, con “Contos e Monicreques” proxecto dirixido ao alumnado de 1º de Primaria dos catro CEIP de Gondomar.
Subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra as pequenas e pequenos participarán en obradoiros nos que deberán crear unha historia partindo dunha trama inicial e persoaxes que eles mesmos deberán achegar a súa contorna, a seu día a día. Deseñarán os monicreques, construiranos e finalmente desenvolverán un conto que se gravará para facelo chegar aos seus pais e nais.
Con esta actividade búscase sensibilizar, previr e identificar a violencia de xénero mediante un proceso lúdico e didáctico, ao mesmo tempo que se fomentan técnicas de resolución pacífica de conflitos, fortalecese a autoestima, a tolerancia e o fomento das novas formas de participación social e comunitaria, á vez que interactúan con modelos libres de estereotipos sexistas.
“Contos e Monicreques” é un proxecto instaurado na área da promoción da igualdade entre homes e mulleres e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, que utiliza a maxia dos contos para introducir ás novas xeracións na igualdade de oportunidades.

Page 32 of 98

Rss