^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

Saturday, 12 December 2020 13:52

MERCAR NO COMERCIO DE GONDOMAR TEN PREMIO

 O concello pon en marcha a campaña "No Nadal merca en Gondomar" coa que o goberno local, a través da súa concellaría de Comercio, quere incentivar, apoiar e promocionar este sector do municipio co fin de potenciar as compras nel durante as datas de festa. 

 Un total de 35 establecementos adherironse a esta iniciativa na que os clientes que realicen compras superiores a 20 euros recibirán un "ticket-rasca", que poden resultar premiados con diferentes cantidades económicas (1,3,5 ou 10 euros) que deberán trocar no mesmo comercio no que resultaron gañadores, unha vez finalice a campaña o próximo 7 de xaneiro.

 En total repartiránse 16.000 "rascas" dotados con máis de 3000 euros en premios que servirán para recompensar á veciñanza que aposta a diario polo comercio de proximidade, e ao tempo axudar a un sector seriamente afectado polas consecuencias da pandemia da COVID19.

 Animádevos e non deixedes de participar¡¡


nadal.jpg

cartelNadalNomesFINAL.jpg

 
 O  concello de Gondomar, a través da súa concellería de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, poñerá en marcha unha nova iniciativa destinada a favorecer a reutilización e reciclaxe de materiais que utilizamos no noso día a día e que son altamente contaminantes.

​É o caso dos cartuchos de tinta e tóner das impresoras que, a partir de agora, poderán depositarse en 6 contedores específicos para a súa recollida que se colocarán endependencias municipais accesibles a todos os cidadáns como son o Rexistro Municipal do concello e as instalacións do antigo centro de saúde, ocupadas actualmente polos departamentos de Medio Ambiente e  Benestar Social e Igualdade, ou a xefatura de policía local, entre outros. 

​O servizo será gratuito e unha empresa especializada no sector será a encargada de trasladar o material á planta na que dividirán os seus distintos compoñentes dos que se obten plástico, ferro, aceiro ou po que se destinan á elaboración de novos elementos, mesmo electricidade.

​Desde a concellería de Medio Ambiente puxéronse ata o de agora en marcha diferentes accións dirixidas a promocionar a reutilización e reciclaxe como a promoción da compostaxe, con repartición de case 300  composteiros individuais, a localización de colectores de pilas en distintos puntos de Gondomar, ou o desenvolvemento decampañas de formación e información ambiental entre a veciñanza, en xeral, e prestando especial atención ás novas xeracións.

2O4A6267.jpg

2O4A6271.jpg

Gondomar súmase a celebración desta data que no 2020 recoñece a alta biodiversidade nasmontañas e quere facer fincapé nas ameazas as que se enfrontan diariamente, como o cambio climático, prácticas industriais e agrícolas, talas cambios no usos e cobertura do solo.

 O noso compromiso coas montañas, montes, serras e paraxes naturais de Gondomar é firme e rotundo, apostando por medidas que aseguren a súa protección e futuro, preservando a biodiversidade e ecosistemas que as fan tan importantes para toda a veciñanza de Gondomar, e a quenes nos visitan atraídos pola súa fermosura. #LasMontañasImportan

Galiñeiro (1).jpg

 

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xunto a concelleira de Comercio, Rocío Goberna, recibiron hoxe na alcaldía do concello a Águeda Ubeira, responsable de Chupipostres, e gañadora da XV edición do Premio Aje Vigo Joven Empresaria do ano.

 O rexedor felicitou persoalmente a Águeda á que entregou un pequeno agasallo en nome do goberno local como recoñecemento a súa labor e polo premio otorgado pola Asociación Jóvenes Empresarios "que todos estabamos seguros que ías gañar ti e traer para Gondomar", sinalou Paco Ferreira.

 O xurado recoñeceu a calidade, permanencia sostible no mercado e procesos de expansión e creación de postos de traballo por parte de Águeda Ubeira ao fronte de Chupipostres.

 Esta empresaria de Gondomar apostou hai máis de seis años dende o seu negocio pola venta online, ofrecendo dous servizos: repostería personalizada y almorzos temáticos artesanais que envía a domicilio, a toda a península, dende o su obrador. 

 A gañadora da XV ediciónde Joven Empresaria recibiu un programa de formación naEscuela de Negocios Afundación de IESIDE por valor de máis de 8.000 euros e unhaestancia gratuita na oficina o nave nun polígono de Zona Franca durante un año.

 

Captura de pantalla 2020-12-11 a las 21.35.31.jpg

 

O "miniecopunto" de reciclaxe de REES (residuos eléctricos e electrónicos) permanecerá os próximos 15 días instalado no IES Terra Turonio. O obxectivo e achegarse á poboación máisxoven e concienciala da necesidade de reutilizar e reciclar os aparellos electrónicos (móviles, tablets, cargadores, etc) que desbotan.

 Esta medida, que percorrerá todas as parroquias do concello, enmárcase dentro do proxectoEstratexia Sostible Transfronteriza para a Xestión de Residuos e Aparellos Electrónicos (ESTRAEE), promovida pola Deputación Provncial e á que se adscribiu o concello de Gondomar.

mini ecopunto ies turonio.jpg

 O concello de Gondomar, a través da súa concellaría de Formación, porá en marcha diversos cursos dirixidos á veciñanza do municipio no primeiro trimestre do ano 2021, concretamente, sobre o manexo da administración electrónica, a reciclaxe da ropa usada e a elaboración de xabóns.

 O primeiro curso que se impartirá será o de "E-administración" a cargo dos responsables datenda local "Netcom". O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de decembro no RexistroXeral do Concello, sendo a orde de recepción das solicitudes o criterio de acceso o curso, que comenzará o día 12 de xaneiro.

 Durante un total de 8 horas neste curso básico facilitaránse as ferramentas básicas para un correcto manexo da administración electrónica, formando no seu uso a persoas poucofamiliarizadas con estas aplicacións e que queiran realizar os trámites co concello e outrasinstitucións públicas a través de internet.

 A listaxe de admitidos publicarase o 21 de decembro no taboeiro do concello e na web municipal. O curso desenvolverase os días 12, 14, 19 e 21 de xaneiro nas aulas do CDL, de 17.00 a 19.00 horas.

 Os seguintes cursos serán publicitados no seu momento.

administracion-electronica (1).jpg

El pleno de la corporación municipal de Gondomar aprobó por unanimidad, en la sesión celebrada este pasado luns, el convenio de colaboración entre o concello e o Instituto Galego da Vivenda e Solo cuxa finalidade é adquirir a Casa Peralba para a súa rehabilitación.
Desta forma a vivenda, situada no centro do municipio, a propiedade pasará a ser parte do patrimonio público de Gondomar, e o concello disporá entón dunha edificiación de interés arquitectónico e unha gran finca, de algo máis de 4000 metros cadrados.
O convenio, respaldado por todos os grupos da corporación, ten por obxecto definir os termos da colaboración e os compromiso mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamiento para o apoio da compra e rehabilitación da Casa Peralba, que se concretará nun préstamo con cargo ao Fondo de Cooperación do Instituto Galego da Vivenda e Solo de 300.000 euros.
Respecto ao uso final da vivenda e os seus terrenos aínda non hai nada decidido, aínda que o goberno local apunta algunha actividade “obviamente lúdica, social ou cultural para o disfrute da veciñanza.”

casa mperalba.jpg

Wednesday, 09 December 2020 12:56

CHARLA ON LINE CON DEFENSORAS DEREITOS HUMÁNS

 Gondomar acolle unha nova actividade, enmarcada dentro da exposición "# Defensoras Semillas de Cambio" que durante o mes de decembro, promovida pola Deputación de Pontevedra e organizada pola Coordinadora Galega de ONGD, acolle Gondomar en dez establecementos comerciais da vila.

 Nos seus escaparates pódese sever a imaxe e historia de diferentes activistas na defensa dos dereitos humanos en países como Nicaragua, México, Honduras, El Salvador y Guatemala.

 Hoxe completarase cunha charla en directo con tres destas mulleres. Será a partir das 18.00 horas e as interesadas e interesados en participar poderán facelo a través da canle de Youtube da Coordinadora Galega de ONGD. Animádevos¡¡

cartel.jpg

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, presidiu a concentración que este mediodía celebrouse en memoria de Soledad Rey Valverde, veciña de Mañufe, que este mércores foi presuntamente asasinada polo seu marido. No acto estivo acompañado polos integrantes da corporación municipal, a presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva; a Subdelegada do Goberno, M. Carmen Larriba; representantes da Garda Civil e Polícía, así como parte da familia da vítima.
Paco Ferreira mostrou o seu apoio e o de todo o gobernó local aos familiares e cualificou de “atroz” o asasinato de Soledad Rey Valverde “que nos deixou consternados e que nos demostra que non podemos baixar a garda e temos que seguir loitando contra a violencia machista”.
O rexedor cedeu a lectura do manifesto redactado para a ocasión á Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que visiblemente afectada sinalou “que fartas estamos as mulleres de ter que estar facendo minutos de silencio, lendo manifestos! Ver chorar a familia dunha muller asasinada é un profundo dor, e a verdade é que as mulleres choramos de carraxe”
Lembrou que non se pode dar nin un paso atrás na loita contra a violencia machista e subliñou que “non podemos, como sociedade nin como administración, mirar cara a outro lado. Ao contrario, alzaremos cada vez máis a voz para denunciar estes crimes e a violencia de xénero ata conseguir erradicala, lograr a violencia cero”.
O concello de Gondomar decretou tres días de loito oficial en memoria de Soledad Rey Valverde e suspenderá todas as actividades previstas ata o vindeiro domingo, entre as que se atopa o aceso da iluminación do Nadal este próximo sábado, que se pospoñerá ao domingo día 06 de decembro.

 

foto 1.jpg

foto 2.jpg

foto 4.jpg

foto 3.jpg

 

 O vindeiro sábado 5 de decembro, a partir das sete da tarde, arrincarán as actividades que precederán ao aceso oficial da iluminación do Nadal en Gondomar, previsto ás oito da tarde, e que se retransmitirá en streaming para que toda a veciñanzado municipio poida gozar del, xa que o aforo na praza, debido á normativa covid19vixente, quedará restrinxido a un máximo de 75 persoas. 

“Sen dúbida o ano 2020 quedará na nosa memoria como un ano moi diferente, pero o noso obxectivo é que o Nadal en Gondomar luza igual que sempre, con todas asnormas de seguridade necesarias, pero sen perder nin un pouquiño de maxia e ilusión”, asegura o alcalde Paco Ferreira.

​Por iso o nadal arrincará ás 19.00 horas baixo a carpa situada na Praza Paradelacoa animación de “trasnos máxicos” a cargo de Sarao Animación e a actuación do magoMarco, para grandes e pequenos. Será ás 20.00 horas cando se inicie a conta atrás que dará paso ao aceso oficial das luces de nadal do municipio, preto de 200.000 leds que iluminarán os lugares máis emblemáticos da vila.

Tres cámaras con operador e outras tres fixas colocadas en lugares estratéxicospermitirán que por streaming cualquier veciño ou veciña poida ver en primeira persoa o aceso da Praza da Paradela e a súa contorna, a coñecida e xa tradicional “árborevermella” de Gondomar ou a iluminación elixida nesta ocasión para lucir na Alameda da vila. 

Completarase o acto coa retransmisión de dous vídeos elaborados para a ocasión cos que se lembrará a campaña de recadación de fondos para poder garantir Reis Magos aos pequenos de familias máis vulnerables, Gondoilusión, e, un segundo no que se avanzará a programación organizada desde o departamento de Cultura do concello de Gondomar para estas datas.

 Paco Ferreira subliña que “debemos apoiar a este sector, a cultura, que nos necesita e demostrouse que é seguro. Ademais garantiranos grandes e bos momentos que nos permitirán darlle algo máis de normalidade ao Nadal do 2020”.

Non faltará a visita de Papa Noel que os días 23 e 24 de decembro estará nacarpa da Praza da Paradela de forma estática e acompañado dunha animación creada para a ocasión. Como tamén se contará coa tradicional Cabalgata de Reis, adecuada áépoca na que vivimos, de maneira que as súas maxestades tamén estarán na Praza a tarde do día 05 de xaneiro.

Maxestades de Oriente cos que poderán falar todos os pequenos e pequenas que o solicitaran con previsión a través da plataforma posta en marcha (www.nadal2020.es) para cerrar unha videochamada cos Reis Magos, unha oportunidade que terán os máisnovos para poder así comunicar a súa lista de agasallos ante a imposibilidade do contacto e as entregas en man como viña facéndose tradicionalmente.

O Apalpador realizará o día 30 de decembro un pasarrúas polo centro de Gondomar para saudar a todos os pequenos, unha actividade que se suma a outras como o teatro no Auditorio Municipal Lois Tobío onde o domingo 06 de decembro representarase “ Contos de recreo”; os días 11 e 12 de decembro a obra “Doce uvas, dos mulleres y una oliva”; e, o 19 de decembro “Se  fosen turistas  levarían lentes de sol”. 

O humor chegará da man de Sergio Pazos e o monólogo programado para o venres 18 de decembro, ao que se sumará ademais o espectáculo “Baila vestido verde” (17 de decembro), ou o concerto do Grupo de Cámara da Banda Musical de Vincios, previsto para o día 27 de decembro no Parque da Coelleira.

 

_DSC1729-Editar copia.jpg 

Page 30 of 98

Rss