^ Ir arriba

novas

Thursday, 19 November 2020 10:20

O concello subscribe o contrato do Servizo de Axuda ao Fogar cunorzamento de 2.7 millóns de euros

•​A nova empresa iniciará a prestación do servizo o 1 de xaneiro de 2021 e contempla a subrogación da plantilla actual, 23 auxiliares e 1 traballadora social.

 

•​O novo contrato suporá un incremento anual de 221.000 euros por parte do concello de Gondomar.

 

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e o xerente da empresa Idades S.L., Víctor Manuel Durán, asinaron esta mañá o contrato administrativo polo que a empresa asume a xestión do Servizo de Axuda do Fogar (SAF) de Gondomar que atende anualmente a máis de medio centenar de usuarios. No 2020 a Xunta otorgou mensualmente un total de 2158 horas a este servicio, que no caso de Gondomar “foron efectivamente prestadas”.

​A previsión é que a partir de xaneiro o número de horas por parte do Gobernoautonómico increméntense ata as 2.500 ao mes cun custo de 17,06 euros que implicará un crecemento na partida anual do concello de 221.000 euros. Segundo o contrato asinado o orzamento previsto para o primerio ano ascenderá a 574.718,98 euros, cantidade que se incrementará anualmente ata alcanzar, ao finalizar o contrato no 2025,a un investimento total de 2.667.285, 52 euros. 

​O alcalde de Gondomar destaca o importante esforzo que “o noso goberno fai en materia de benestar social. Coas cifras na man o gasto nas partidas destinadas a este departamento rexistran un incremento dun 500% respecto a os últimos anos”. Suliñaque a nova nova concesionaria do SAF amosou o seu compromiso de “realizar no primeiro ano diferentes actividades formativas así como políticas de captación para incorporar máis persoal ao servizo”.

​Pola súa banda a concelleira responsable de Benestar Social, Nuria Lameiro, valorou positivamente o contrato asinado destacando que proba “o compromiso do nosogoberno polas políticas sociais e centradas na defensa e atención dos colectivos máisvulnerables e necesitados neste momento”.

​A empresa IDADES S.L, que tamén presta este servizo en concellos limítrofes como Tomiño, Salvaterra do Miño, Baiona ou Porriño, tamén inclúe unha serie de melloras nos servizos de fisioterapia, podoloxía ou barbería a domicilio, así como a oferta de axudas técnicas.

 O alcalde reitera a necesidade de que “todos rememos no mesmo sentido e non se deixe a responsabilidade das políticas sociais únicamente en mans dos concellos”. Neste sentido lamenta que a Xunta “nos obrigue a asumir competencias impropias pola súa incapacidade de incrementar as partidas en materia social, igualdade ou educación, cuestións que está a deixar nas nosas mans , afogando económicamente os nososmunicipios”, concluíu.

99fbea1c-703a-40bb-baee-1d914c697688.jpg