^ Ir arriba

novas

Wednesday, 11 November 2020 16:24

Gondomar aposta polos máis novos e a educación na loita contra a violencia de xénero

O goberno local, a través da súa concellería de Igualdade, dirixida por Nuria Lameiro, puso en marcha hoxe ás actividades programadas con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o próximo 25 de novembro, con “Contos e Monicreques” proxecto dirixido ao alumnado de 1º de Primaria dos catro CEIP de Gondomar.
Subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra as pequenas e pequenos participarán en obradoiros nos que deberán crear unha historia partindo dunha trama inicial e persoaxes que eles mesmos deberán achegar a súa contorna, a seu día a día. Deseñarán os monicreques, construiranos e finalmente desenvolverán un conto que se gravará para facelo chegar aos seus pais e nais.
Con esta actividade búscase sensibilizar, previr e identificar a violencia de xénero mediante un proceso lúdico e didáctico, ao mesmo tempo que se fomentan técnicas de resolución pacífica de conflitos, fortalecese a autoestima, a tolerancia e o fomento das novas formas de participación social e comunitaria, á vez que interactúan con modelos libres de estereotipos sexistas.
“Contos e Monicreques” é un proxecto instaurado na área da promoción da igualdade entre homes e mulleres e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, que utiliza a maxia dos contos para introducir ás novas xeracións na igualdade de oportunidades.