^ Ir arriba

novas

Monday, 16 November 2020 16:02

Gondomar arrinca a súa campaña “Gondoilusión, ningún neno e nena sen agasallo

•A concellería de Benestar, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais do municipio, promoven esta iniciativa dirixida ás familias máis vulnerables.
•Entre o 16 de novembro e 23 de decembro os interesados poderán ingresar os seus donativos, a cantidade que consideren, nunha conta habilitada para a ocasión.

Coa incerteza da pandemia aínda sobre nós, dende o Concello de Gondomar séguese a traballar para que a veciñanza adáptese da mellor maneira a “nova normalidade” imposta polo covid19, intendando que as repercusións para todos sexan as menores posibles, prestando axuda, desde a primeira onda da enfermidade, as familias máis vulnerables social e económicamente.
“Especial atención queremos ter cos máis cativos destas familias, eses nenos e nenas que demostraron unha gran responsabilidade e heroísmo dándonos unha gran lección a todos e por iso temos que manter viva a súa ilusión neste Nadal e asegurarnos de que ningún deles queda sen o seu regalo nestas datas”, manifesta o alcalde, Paco Ferreira.
Por esta razón, desde a concellería de Benestar Social de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais, arrinca hoxe a campaña “Gondoilusión, ningún neno e nena sen agasallo”, cuxo obxectivo é recadar fondos que permitan comprar regalos para os menores de 16 anos das familias menos favorecidas do concello de Gondomar.
Os ingresos de poderán realizarse na conta bancaria ABANCA ES53 2080 5035 0230 4000 9345, coa referencia “Gondoilusión”. A concelleira convida á veciñanza da localidade a sumarse a esta iniciativa “achegando o que en boa medida poidan, 1, 5 3 euros ou a cantidade que consideren oportuna” e explica que cada destinatario recibirá un vale -cun valor igual para todos- que se poderá gastar en distintos comercios locais que se sumaron á iniciativa, favorecéndose asi tamén o apoio a este sector seriamente prexudicado durante a pandemia.
Para máis información dirixirse ao teléfóno 986384473 ou ao correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it..

 

GONDOILUSIÓN.jpg