^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

Monday, 17 November 2014 22:52

Curso de operador de camión grúa

A Cámara de Comercio de Gondomar, en colaboración coa Concellaría de Formación e Emprego, organiza un curso formativo de operador de camión grúa os días 1,2 e 3 de decembro de 9 horas a 14 horas no Centro Neural de Gondomar.

Co obxectivo de aumentar a seguridade do alumno á hora de levar a cabo operacións de manexo da grúa auto cargante, ofreceranse 5 horas de formación teórica e 10 de formación práctica de acordo ao real decreto 1215/97 polo que se establecen as condicións mínimas de seguridade e saúde dos traballadores que utilizan este tipo de maquinaria.

Os interesados deben inscribirse do 17 de novembro ao 21 de novembro no Centro de Desenvolvemento Local en horario de mañá, de 9 horas a 14 horas, con preferencia para os solicitantes empadroados e4n Gondomar e con maior antigüidade na demanda de emprego.

O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, xunto á concelleira de Educación, Paula Bouzos Barros, reuníronse coa ANPA do CRA Antía Cal para transmitir a concesión dunha axuda por parte da Deputación de Pontevedra para amañar o tellado da Escola Unitaria de Peitieiros.

A Deputación provincial outorgou unha subvención de 38.000 euros cuxa adxudicación será inminente, según informa Paula Bouzos. A súa vez, representantes da ANPA solicitaran ao Concello o acondicionamento do patio de area da Escuela Unitaria, obra sobre a cal o Concello compromeuse a executar en breve período de tempo.

O Club de Patinaxe Artística CPA Gondomar alcanzou o oitavo posto no Campionato Nacional Alevín celebrado o pasado fin de semana en Ripollet.

Xosé Andrés Cruz foi o merecedor do oitavo posto, de entre os 17 participantes, resultado que o club e o seu adestrador, David Figueroa, gaban xa que o mozo deportista se iniciou no mundo da patinaxe artística hai tan só 9 meses, "polo xeral necesítanse varios anos de adestramento antes de acceder a unha categoría deste nivel e Xosé, en tan só uns meses, xa se situou entre os mellores do país", comenta o seu adestrador David.

O mozo deportista comezou como membro do Club de Patinaxe Artístico CPA Gondomar a finais de xaneiro e nos inicios do verán participaba xa no campionato provincial e autonómico, clasificándose así para o nacional.

David Figueroa celebra, ademais do resultado alcanzado, o desenvolvemento do club en xeral, xa que con menos dun ano de vida superan os corenta deportistas dos once que inauguraron o novo club gondomareño.

20141016 185655O deputado e alcalde de Gondomar Fernando Guitián, xunto co concelleiro de Xuventude,Ignacio Troncoso, fixo entrega a pasada semana do diploma acreditativo do curso "Retoque Dixital Fotográfico" promovido pola Deputación de Pontevedra dentro do programa Actívate.

Durante a formación, de 40 horas de duración, os alumnos participantes adquiriron nocións básicas sobre o mundo da fotografía e as posibilidades do retoque dixital co conseguinte aumento das súas competencias artísticas valorables en moitos dos perfís profesionais demandados.

O programa Actívate da Diputación de Pontevedra inclúe diferentes actividades formativas e educativas no ámbito do tempo libre que responden ás demandas da poboación nova da provincia co fin de potenciar movementos de participación e cooperación social á vez que mellora a formación elemental da xuventude.

A concellería de Formación e Emprego e a concellería de xuventude do Concello de Gondomar ofrecen un curso gratuito de inglés orientado ao sector servizos destinado a menores de 35 anos.

A formación, cunha carga lectiva de 80 horas, busca dotar aos alumnos das ferramentas lingüísticas precisas para desenvolverse facilmente no idioma anglosaxón cun enfoque determinado cara os empregos do sector servizos coma son a hostalaría, o comercio e o turismo.

O curso comenzará o vindeiro día 25 de novembro e impartirase no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar en horario de mañá, de 9:30 horas a 14:30 horas.

O prazo de inscripcións comeza o martes día 11 de novembro e os interesados deberán cumplimentar a solicitude disponible no propio CDL u Oficina Municipal de Información e Xuventude e acompañala dunha copia do DNI, volante de empadroamento, certificado do título da ESO e tarxeta de demandante de emprego.

Hai un total de 15 prazas disponibles que serán concedidas atendendo primeiramente a criterios de antigüidada de desemprego.

Baixo o título "O proceso de selección: como superar unha entrevista de traballo", a psicóloga Pomba Domínguez Ferro impartirá, o próximo día 18 de novembro ás 10:30 horas no Centro Neural de Gondomar, unha charla sobre os aspectos a ter en conta para ter éxito nunha entrevista de traballo.

O candidato a un emprego debe coñecer ben as súas calidades e debilidades á hora de enfrontarse a unha entrevista xa que nela se evalúa a súa idoneidad para o posto vacante. A través dunha serie de tácticas e consellos, Pomba Domínguez, experta en selección de persoal, ensinará a gestionar todos estes aspectos para dotar ao candidato dunha maior confianza en si mesmo e superar a entrevista con seguridade.

A seguinte actividade organizada por Valemprego para este mes de novembro terá lugar no Centro Municipal Anxo Bedriñana o próximo día 20 de novembro ás 10:30 horas coa conselleira da Rede Eures de Vigo, Elisa González Pérez, quen informará aos asistentes sobre as posibilidades laborais no estranxeiro e como acceder a elas.

Para rematar, o próximo día 25 de novembro no Centro Antena de Nigrán a orientadora María Luisa Cordido Varela informará sobre a importancia da formación á hora de lograr ou manter un emprego a partir das 17 horas.

As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude cubrindo a ficha a disposición nas páxinas web e nos Departamentos de Emprego dos tres concellos, e entregalas nestes servizos ou remitilas á dirección de correo electrónico This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it..

O Concello de Gondomar pon en marcha, por segundo ano consecutivo, o programa de ocio e tempo libre Gondonadal durante as vacacións escolares de Nadal.

Co obxectivo de favorecer a conciliación familiar e laboral oConcello ofrece un total de 40 prazas destinadas a menores empadroados en Gondomar e fillos de traballadores en activo nacidos entre 2001- 2002 e no ano 2011. En caso de non cubrir todas as prazas aceptaranse menores doutros Concellos con preferencia a aqueles cuxos proxenitores traballen no municipio deGondomar.

Gondonadal levarase a cabo entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro no CEIP Chano Piñeiro de 9 horas a 14 horas.
As solicitudes deberán presentarse a partir do día 17 de novembro e ata o día 28 de novembro no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres de 9 horas a 13:30 horas e sábados de 9 horas a 13 horas. A solicitude da praza deberá ir acompañada da fotocopia do documento de identidade dos pais, das persoas encargadas de ir a recoller aos nenos, do libro de familia ou DNI do menor, do volante de empadroamento da unidade familiar, e, de ser o caso, xustificación da ocupación actualizada dos pais ou titores.

A lista provisional de admitidos publicarase o día 2 de decembro na páxina oficial do Concello www.concellodegondomar.com co proceso de reclamacións aberto ata o día 5 de decembro e coa publicación definitiva o día 12 de decembro.

Máis información dispoñible no teléfono 986. 389.355 ou no correo electrónico This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it..

DSC 7389

 

A Agrupación DeportivaVincios de Tenis de Mesa clasificouse o pasado fin de semana no Torneo Zonal de Lalín para o Estatal de Valladolid que terá lugar en febreiro de 2015. Ademais da clasificación para a proba nacional o club conseguiu en Lalín conquistar o podio con tres subcampions, dous terceiros postos e un cuarto posto.

Os subcampions foron Ángel Igrexas en infantil, Martín Pintosenxuvenil e Samuel Pereiro na categoría absoluta. Andrés Torres eNatalia Fernández foron terceiros en infantil e Simón Casal cuarto en cría. Ademais Luísa Pintos foi sexta en cría feminina e Luís Güelloitavo tamén en cría. Todos eles están clasificados para a proba nacional.

Outros xogadores e xogadoras como Lucía Graña (9ª), Valentina Estévez (10ª), Rafa Otero (12º) ou David González deberán esperar as clasificacións de categorías para saber se o seu posto lles permite entrar no nacional.

Este próximo fin de semana retómanse as ligas e o AD Vincios-Bade ,de división de honra feminina, recibirá o sábado día 8 de novembro ás 18 horas no ximnasio do IES Terra de Turonio ao equipo catalán do Autoescola Tatchepol Ripollet, nun encontro moi importante de cara ao obxectivo da permanencia na categoría de prata do tenis de mesa.

O pasado 1 de novembro o Club de Patinaxe Artística CPA Gondomar alcanzou o quinto posto na Copa de Europa celebrada en Luso, Portugal, coa patinadoraMiriam Pérez no seu debut dentro da categoría xuvenil.

Miriam, de 16 anos de idade e unha das 3 representantes españolas no campionato europeo, enfrontábase en Portugal ás italianas, escola referente mundial, polo que a posición alcanzada é dobremente celebrada por un club que tan só ten 10 meses de vida.

O CPA Gondomar creouse en xaneiro do presente ano grazas aDavid Figueroa, adestrador de recoñecido prestixio internacional e instrutor nas escolas deportivas de Gondomar, quen considerou o gran número de nenos na localidade e a inexistencia dun club de patinaxe artística como factores determinantes para a creación dunha formación nova. A maior dispoñibilidade de horas de adestramento ofrecidas polo Concello no colexio de Donas foi clave para o crecemento do club.

Miriam Pérez iniciouse aos 8 anos no mundo da patinaxe da man de David Figueroa e, dende entón, traballou sempre con el obtendo numerosos éxitos como a medalla de ouro no Campionato de España 2010.

O CPA Gondomar conta xa con 45 deportistas, 11 deles en competición en todas as categorías dos campionatos nacionais (a excepción da infantil) e no campionato internacional europeo recentemente disputado, cun novo reto este fin de semana no Campionato de España Cría que se celebra en Ripollet e onde a críaXosé Cruz, con tan só 8 meses no Club, demostrará as súas competencias deportivas.

O Club asegura que o éxito alcanzado en tan pouco tempo se debe á conxugación de tres factores fundamentais: os nenos e nenas integrantes pola súa tenacidade e constancia, o traballo, dedicación e paixón de David Figueroa e a filosofía de traballo serio e ben feito do club.
Tanto o club coma o Concello de Gondomar celebran así o bo funcionamento desta nova formación deportiva augurando futuros éxitos e recoñecementos que axudan a valorar a calidade deportiva do Val Miñor e situar a Gondomar nos escenarios deportivos nacionais e internacionais.

O Concello de Gondomar iniciou diferentes obras de acondicionamento e instalación de marquesinas no municipio, tanto na zona urbana coma nas parroquias.

No centro da localidade procedeuse á reparación dunha marquesina ante a que se acumulaba auga procedente da chuvia mediante a colocación dunha reixa frontal que evita o abasto desta. A semana pasada instalábase tamén unha nova marquesina na parroquia deVincios a petición da ANPA do colexio Serra Vincios á Concellaría de Educación, ao tratarse dunha zona de grande afluencia.

O Concello de Gondomar continúa con estas obras en diferentes puntos da localidade mediante roza e limpeza debido á existencia de pintadas en moitas das marquesinas co fin de" preservar e manter en bo estado o mobiliario urbano do municipio", segundo informa o concelleiro responsable de Vías e Obras, Jesús Salgueiro.

Rss