^ Ir arriba

novas

Wednesday, 12 November 2014 17:29

Quince mozos de Gondomar  reciben o diploma "Retoque Dixital Fotográfico" do programa Actívate de la Diputación de Pontevedra

20141016 185655O deputado e alcalde de Gondomar Fernando Guitián, xunto co concelleiro de Xuventude,Ignacio Troncoso, fixo entrega a pasada semana do diploma acreditativo do curso "Retoque Dixital Fotográfico" promovido pola Deputación de Pontevedra dentro do programa Actívate.

Durante a formación, de 40 horas de duración, os alumnos participantes adquiriron nocións básicas sobre o mundo da fotografía e as posibilidades do retoque dixital co conseguinte aumento das súas competencias artísticas valorables en moitos dos perfís profesionais demandados.

O programa Actívate da Diputación de Pontevedra inclúe diferentes actividades formativas e educativas no ámbito do tempo libre que responden ás demandas da poboación nova da provincia co fin de potenciar movementos de participación e cooperación social á vez que mellora a formación elemental da xuventude.