^ Ir arriba

novas

Monday, 03 November 2014 22:48

Gondomar acondiciona as marquesinas da localidade

O Concello de Gondomar iniciou diferentes obras de acondicionamento e instalación de marquesinas no municipio, tanto na zona urbana coma nas parroquias.

No centro da localidade procedeuse á reparación dunha marquesina ante a que se acumulaba auga procedente da chuvia mediante a colocación dunha reixa frontal que evita o abasto desta. A semana pasada instalábase tamén unha nova marquesina na parroquia deVincios a petición da ANPA do colexio Serra Vincios á Concellaría de Educación, ao tratarse dunha zona de grande afluencia.

O Concello de Gondomar continúa con estas obras en diferentes puntos da localidade mediante roza e limpeza debido á existencia de pintadas en moitas das marquesinas co fin de" preservar e manter en bo estado o mobiliario urbano do municipio", segundo informa o concelleiro responsable de Vías e Obras, Jesús Salgueiro.