^ Ir arriba

novas

Thursday, 06 November 2014 22:17

Nova edición de Gondonadal para a conciliación familiar e laboral

O Concello de Gondomar pon en marcha, por segundo ano consecutivo, o programa de ocio e tempo libre Gondonadal durante as vacacións escolares de Nadal.

Co obxectivo de favorecer a conciliación familiar e laboral oConcello ofrece un total de 40 prazas destinadas a menores empadroados en Gondomar e fillos de traballadores en activo nacidos entre 2001- 2002 e no ano 2011. En caso de non cubrir todas as prazas aceptaranse menores doutros Concellos con preferencia a aqueles cuxos proxenitores traballen no municipio deGondomar.

Gondonadal levarase a cabo entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro no CEIP Chano Piñeiro de 9 horas a 14 horas.
As solicitudes deberán presentarse a partir do día 17 de novembro e ata o día 28 de novembro no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres de 9 horas a 13:30 horas e sábados de 9 horas a 13 horas. A solicitude da praza deberá ir acompañada da fotocopia do documento de identidade dos pais, das persoas encargadas de ir a recoller aos nenos, do libro de familia ou DNI do menor, do volante de empadroamento da unidade familiar, e, de ser o caso, xustificación da ocupación actualizada dos pais ou titores.

A lista provisional de admitidos publicarase o día 2 de decembro na páxina oficial do Concello www.concellodegondomar.com co proceso de reclamacións aberto ata o día 5 de decembro e coa publicación definitiva o día 12 de decembro.

Máis información dispoñible no teléfono 986. 389.355 ou no correo electrónico This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it..