^ Ir arriba

novas

Friday, 24 October 2014 15:02

Infórmate sobre o Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre

O vindeiro 23 de outubro deberanse resintonizar os canais de cada televisor se se queren continuar recibindo todos

Nalgúns edificios podería ser necesario a adaptación da antena colectiva

No seguinte enlace pódese atopar a Circular 33-2014 na que se informa sobre o Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre que implica realizar una migración dos canais de televisión para deixar libres unha serie de frecuencias que deben destinarse á prestación de servizos de telefonía móbil.

Na mesma inclúese a carta do Secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información na que se informa de todo o proceso de reordenación.

Asimesmo, remítese un documento explicativo sobre as axudas para a adaptación das instalacións de Antena Colectiva de TDT e unha presentación na que se explica en detalle en que consiste e qué supón a liberación do dividendo dixital.