^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

Coa fin de mellorar a seguridade vial e dos cidadáns, no día de onte o concello de Gondomar, deu comezo o repintado dos pasos de peóns; co fin de levar a cabo estes traballos de mantemento, procedeuse a adquisición de unha máquina pintar viais e pintura. A decisión de compra de este tipo de maquinaria non foi levada a cabo por ningún goberno anterior, o que permitirá non ter dependencia de axentes externos, para renovar cando sexa necesario a capa de pintura deste tipo de elementos, mellorando deste xeito a súa visibilidade.

No pleno do pasado xoves o portavoz do PSOE de Gondomar, Paco Ferreira solicitaba a data de comezo do repintado dos pasos de peóns, o que o concelleiro de Medio, Carlos González, lle respondeu que " aínda que dispuñan de todo o necesario, esperarían a que mellorasen as condicións climatolóxicas, e en canto estivera bo tempo comezarían co pintado dos pasos de peóns".

O concelleiro de Medio, Carlos González, lamenta o oportunismo político que leva a cabo o señor Ferreira, publicando no mesmo día que dan comezo os traballos de pintado dos pasos de peóns, unha nota de prensa denunciando a súa iniciación; cando dende o concello de Gondomar se está cumprindo co que se lle anunciara no pasado pleno, empezando no día de onte, os traballos de repintado en 9 pasos de peóns no casco urbano de Gondomar.

Tras a adecuación das cunetas, levouse a cabo o asfaltado e pintado das vías

O pasado martes día 10, tivo lugar a Acta de Replanteo e visita polos terreos da parcela da Rúa das Ánimas onde se construirá o novo Centro de Saúde de Gondomar.

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, visitou esta mañá os terreos onde se edificará este centro de saúde, acompañado do alcalde de Gondomar, Fernando Guitián; o director de Procesos sen Ingresos e Urxencias da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, D. Francisco J. Caramés ; a xefa territorial de Sanidade, Dª. Ángeles Feijoo-Montenegro e xefa de servizo da S.X. de Investimentos, Dª. Amparo Montenegro. Ao acto tamén asistiron representantes da empresa adxudicataria CORSAN- CORVIÁN.

Este novo centro da rede sanitaria pública galega, terá unha superficie total superior a 1.600 metros cadrados, atenderá unha poboación dunhas 10.400 persoas e contará cunha área de medicina xeral con 12 consultas, unha área pediátrica con 2 consultas, 1 consulta de matrona, 1 sala de educación maternal, traballador social, 1 sala de toma de mostras, 1 sala de técnicas, 2 salas polivalentes e resto de espazos de apoio necesarios para o normal funcionamento do centro.

O Centro de Saúde é cofinanciado ao 80% polo programa operativo Feder 2007-2013, por un importe de 2.373.546,82 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses.

Fernando Guitián alcalde de Gondomar manifestou "sentirse moi satisfeito por poder cumprir un compromiso con unha das demandas máis solicitada, ofrecendo este novo centro de saúde, moi necesario para os veciños de Gondomar,".

Este novo centro da rede sanitaria pública galega suporá que tanto os profesionais como os usuarios dispoñan dunha infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades, dando unha mellor resposta ás necesidades de saúde presentes e futuras dos veciños deste municipio.

Xunto con esta actividade a Concellaría de Igualdade tamén levou a cabo o Concurso a prol da corresponsabilidade

As melloras levadas a cabo beneficiarán os veciños/as do centro urbán e das parroquias

O tícket eléctrico social é unha medida que pon en marcha a Xunta de Galicia para o pagamento das facturas eléctricas do segundo semestre de 2014 cun prazo de presentación ata o 30 de abril de 2015. Para as axudas ao primeiro semestre do 2015 o prazo de presentación comezará o 1 de xullo de 2015 e rematará o 15 de setembro de 2015. Terá que facerse unha solicitude distinta para cada semestre. Os gastos subvencionables serán as facturas de electricidade (IVE incluído) cuxo período de lectura estea incluído dentro do segundo semestre do 2014 ou primeiro semestre do 2015, segundo corresponda.

Nos montes de Bens de "A Coruña" celebrouse este fin de semana o segundo encontro puntuable para a liga Galega de bosque 3D, este ano estivo organizada polo club Arco Hércules. Ata alí desprazouse o Club de Tiro con Arco Serra de Gondomar que conquistou os primeiros postos, a pesar da climatoloxía adversa, fortes refachos de vento, asociados a unha chuvia intensa, non logrou dificultar a puntaría dos arqueiros.

Os 98 participantes chegados das 4 provincias Galegas, tiveron que ser capaces de afinar o tiro en dianas colocadas a case 40 ou 45 metros de distancia.

O club Serra de Gondomar conseguiu dous podios, un en arco nu conseguido por Marco Antonio Melón en categoría sénior, con 215 puntos conseguiu o 1º posto e Rubén Rodríguez en categoría de menores de 14 anos con tamén 215 puntos alcanzou tamén o primeiro posto. Os outros 5 membros do club; Adrián Vázquez, menor de 14 anos, 5º en arco recurvo; Miguel Ángel Rodríguez 19º en arco recurvo sénior; María Jose Fontán 5º en arco recurvo feminino sénior; José Carlos Presa e Diego Presa quedaron en 6º e 10º lugar respectivamente en arco nu sénior.

Xunto con esta actividade a Concellaría de Igualdade tamén levará a cabo o Concurso a prol da corresponsabilidade

Como conmemoración do Día Internacional da Muller, o Concello de Gondomar organiza, a través da Concellaría de Igualdade, para o venres día 6, un conxunto de actividades que están cofinanciadas pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

En colaboración cos IES Auga da Laxe e Terra de Turonio farase a III Carreira a Prol da Igualdade, contando con 123 adolescentes de 3º da ESO dos institutos mencionados. A carreira sairá ás 12.15h dende o pavillón e o seu percorrido se pode ver no mapa que se achega, xa que a circulación sufrirá variacións.

En caso de que non chova levarase a cabo a III Carreira a prol da Igualdade

En colaboración cos IES Auga da Laxe e Terra de Turonio farase unha carreira a prol da igualdade, contando con 123 alumnos/as participantes de 3º da ESO.

A carreira desenvolverase a partir das 12.15 horas polas rúas do Concello co gallo de favorecer a visibilidade da actividade.

Nun primeiro momento e antes de comezar a carreira, dividirase ás persoas participantes en parellas, promovendo o establecemento de parellas mixtas (rapaza-rapaz). A cada persoa participante se lle entregará un mandil co logo da carreira.

As parellas irán unidas entre si mediante unha goma nos pés e outra nas mans; de modo que realicen a carreira unidos/as por medio destes elementos. Unha vez que todos/as os/as participantes estean unidas mediante estes elementos, aclararase o percorrido, a necesidade de pasar polo checkpoint para recoller a súa proba, e a chegada á meta.

Unha vez vaian chegando todas as parellas, e antes de traspasar a liña de meta, deberán indicarlle a unha das persoas dinamizadoras a resposta correcta á proba de tipo lóxico-deductivo facilitada no checkpoint. As parellas que non respondan correctamente á proba non poderán traspasar a meta e irán formando unha fila por orde de chegada. Cando teñan a solución, comunicaranllo a unha das persoas organizadoras.

As tres primeiras parellas que resolvan correctamente a proba e finalicen a carreira pasarán á gran final onde participarán no Concurso a prol da corresponsabilidade.

En caso de choiva farase unha actividade a Prol da Corresponsabilidade.

En caso de choiva seguirase o mesmo procedemento pero en lugar de ser unha carreira a actividade desenvolverase no pavillón. Os participantes estarán divididos en 8 grupos diferentes acompañados/as por un/unha monitor/a que se situarán nunha das zonas acoutadas do pavillón. Nesta zona realizarán unha carreira con obstáculos, da que as tres primeiras parellas en resolvela participarán no Concurso a prol da corresponsabilidade

Concurso a prol da corresponsabilidade

Unha vez rematada a carreira, todos/as os/as participantes dirixiranse ao Auditorio onde as tres parellas finalistas da carreira deberán competir entre si a través de distintas probas que irán intercalando de modo sucesivo. Só pasará a final (a segunda fase) as dúas parellas con maior puntuación, que serán as persoas que realizarán a proba 4.

As probas van a ser: Pasalo Ferro, Bricolaxe, Pinches de Cociña e na segunda Fase a proba consiste en que as parellas consensuen a resposta en canto a unha frase que fará referencia a un Mito ou Realidade. Unha vez realizadas todas as probas procederase ao reconto de puntos.

Cada unha das parellas finalistas recibirá un premio pola súa participación que será definido previamente. E a parella finalista que obteña máis puntuación gañará o concurso.

Wednesday, 04 March 2015 07:33

IV Andaina A.D. Vincios

As inscricións poderán realizarse no correo electrónico This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Un pleno nos 10 participantes da canteira

Rss