^ Ir arriba

novas

Thursday, 12 March 2015 18:53

Finalizan as obras de mellora dos camiños de Chaín e Donas en Gondomar

Tras a adecuación das cunetas, levouse a cabo o asfaltado e pintado das vías

A Concellaría de Vías e Obras, dirixida por Jesús Salgueiro, ven de rematar os traballos de reparación e mellora dos camiños das parroquias de Chaín e Donas.

Nunha primeira actuación, operarios do Concello de Gondomar executaron os traballos para adecuar as cunetas destas vías, co fin de dar resposta ás demandas dos veciños do lugar, que reclamaban unha mellora dos seus camiños debido ao deterioro que sufrían.

Finalmente, procedeuse ao remate das obras co asfaltado e pintado das marcas viais nos camiños de Chaín e Donas. Grazas a estas medidas, estanse a mellorar as comunicacións dos veciños e veciñas, así como a súa seguridade vial. "Dende o Concello seguiremos apostando pola mellora das nosas infraestruturas rurais", declara o concelleiro de Vías e Obras, Jesús Salgueiro.