^ Ir arriba

novas

Thursday, 05 March 2015 21:05

Fernando Guitián e Rafael Louzán visitan as obras que se están levando a cabo en Gondomar

As melloras levadas a cabo beneficiarán os veciños/as do centro urbán e das parroquias

Visita Rafael Louzán a GondomarO Presidente da Deputación, Rafael Louzán acompañado polo alcalde de Gondomar visitaron hoxe algunhas das obras que se están levando a cabo no concello, primeiramente acudiron a rúa Cruz de Mera, onde se sustituíu o pavimento cunha inversión que ascendeu a 230.000€.

Tamen o Centro de Desenvolvemento Local na súa planta baixa sufría habitualmente inundacións en épocas de moita choiva, polo que o concello optou por construir un Muro Grada cunha inversión de 120.000, que ata o momento evitou que se volveran a repetir esta situacion , sendo esta a segunda obra en visitar, Fernando Guitián explica " que se sinte moi satisfeito con esta edificación xa que nun futuro poderá darlle o uso que ten dun xeito continuado.

O goberno do concello presentaba no seu anterior programa unha proposta que consistía na retirada dos vehículos do centro urbán, presentando esta solicitude na Deputación conseguiuse que financiase dúas fases do proxecto de urbanización e ampliación de aparcamentos e beirarrúas na Rúa Diego Sarmiento de Acuña, cunha inversión de 240.000 euros na primeira fase e 80.000 euros na segunda fase, onde se van a habilitar case 100 prazas de aparcamento. Segundo o presidente da Deputación este tipo de infraestruturas, están pensadas co único fin de atender as persoas e veciños non só do casco urbán de Gondomar senón tamén das que se acercan a Gondomar a facer calquer tipo de trámite e poidan conseguir un aparcamento donde estacionar o seu vehículo. Alí mesmo vamos a facer unhas pistas de tenis, onde xa está comprometido o finanzamento cun importe de 25.000€ comenta Guitian.

Hoxe mesmo deu comezo unhas das reiteradas peticións veciñais, como é a construción dunha senda peonil para camiñar na estrada provincial que une o nucleo urbán de Gondomar coa parroquia de Chaín e Morgadáns, o proxecto que foi feito pola Deputación consiste en facer esta senda a un dos lados da estrada e aproveitar para canalizar as augas e levar a cabo en algunhas zonas tamén o saneamento. Esta significativa obra, cun prazo de execución de catro meses, ascende a 500.000€ é será levada a cabo entre concello e Deputación, aportando esta última o 75% e o 25% restante o concello, Fernando Guitián manifesta que " dende o concello estamos moi satisfeitos e esperemos que sexa unha actuación que de moito servicio os veciños e que realmente cambie un pouco incluso o xeito de vivir. Hoxe a xente lle gusta moito camiñar e quizais por iso se levou a cabo esta petición e incluso para unir as zonas urbanas que temos en Gondomar". Por último pasouse tamén a visitar a estrada provincial de Donas- Mañufe que tamén foi asfaltada recentemente.

Por último Rafael Louzán declara " o bo traballo que se está a levar a cabo dende o concello de Gondomar, dado que non só se está actuando no centro urbán senón tamén nas parroquias, onde se necesitan unha serie de melloras en infraestruturas, que se intentan acometer conxuntamente, algunhas xa rematadas e outras que se irán rematando, beneficiarán claramente ós veciños de Gondomar"

Outras actuacións menores que se visitaron está maña foi o alumeado do Campo de Fútbol que xa se cambiou, cun custe de 30.000€.