^ Ir arriba

novas

Thursday, 26 February 2015 07:28

"Terras do Miñor III" acolleu unha xornada formativa sobre o "Mexillón de Galicia"

As instalacións do Obradoiro de Emprego "TERRAS DO MIÑOR III" acolleron o día de hoxe a celebración dunha xornada formativa sobre o Mexillón Galego impartida por especialistas da Denominación de Orixe Protexida "Mexillón de Galicia". Nela os alumnos-traballadores do módulo de Operacións Básicas de Cociña aumentaron os seus coñecementos sobre este exquisito manxar en materias como: características que o difefencian de produtos doutros países, a súa producción e a normativa que a regula, etc.

Durante estas semanas, os alumnos-traballadores recibiron, diferentes actividades formativas que lles permitiron ampliar os seus coñecementos sobre algunhas materias nas que son formados durante o curso. Estas accións que se desenvolven como xornadas formativas teñen o obxectivo principal de mellorar a formación dos alumnos e alumnas do Obradoiro, afondando nos seus coñecementos e ampliando aspectos importantes para a súa experiencia, como profesionais de calidade, no sector da hostalaría.

Xornada de Portas Abertas

A Xornada de portas abertas na residencia de Tempo Libre en Patos, en relación ao Obradoiro de Emprego "Terras do Miñor III", será o día dez de Marzo do 2015 de 10:00h a 12:00h, na que diferentes empresas do sector da hostalaría mostrarán os seus produtos ao mesmo tempo que os alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego "Terras do Miñor III", prepararán diferentes tapas e aperitivos.