^ Ir arriba

novas

Tuesday, 24 February 2015 07:43

Retirada de árbores caídas e residuos na canle do río Miñor

O concello de Gondomar continúa co seu propósito de poñer en valor a riqueza natural do río Miñor, polo que Augas de Galicia realizará a petición do concello, a retirada de árbores caídas e residuos na canle do río Miñor. As obras asumidas como mellora na actuación promovida por Augas de Galicia, non supoñerán custo ningún para as arcas municipais.

Esta limpeza realizarase dende a zona do Cotro e estenderase ata a ponte de Mañufe, abranguendo unha distancia total na conca deste regueiro próxima aos 2 quilómetros.

Con esta actuación preténdese a eliminación de obstáculos que poidan producir tapóns na canle, axudando deste xeito a minimizar os efectos das crecidas e posibles desbordamentos.