^ Ir arriba

novas

Wednesday, 04 March 2015 07:33

IV Andaina A.D. Vincios

As inscricións poderán realizarse no correo electrónico This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

A Agrupación Deportiva Vincios, organiza para o próximo 15 de Marzo, a IV Andaina A.D.Vincios.

A saída será ás 10:00 horas do Pavillón de Deportes do concello. O percorrido contará con, aproximadamente, 12 km, onde o 90% se fará por pistas de terra, sempre contando con monitores durante todo o percorrido. Ademais entregarase un avituallamento e unha bolsa coa comida.

Todos os interesados deberán inscribirse no correo electrónico: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it., achegando; nome e apelidos, día de nacemento, localidade, D.N.I. e teléfono de contacto, en caso de menores de 14 a 18 anos que acudan sós, deberán achegar un permiso dos pais ou titores. O prazo de inscrición rematará o domingo 15 de Marzo antes da saída. O prezo de colaboración que deberán achegar os participantes será de cinco euros e incluirá, (Seguro de Accidentes, Seguro de Responsabilidade Civil, avituallamento e comida que recollerán antes da saída). O pagamento deberase facer por transferencia, en Caixeiros de La Caixa, no n.º de conta: 2100 5752 67 0200079253 ou persoalmente no Pavillón Municipal antes da saída.

Durante a "Andaina Popular", os participantes poderán contar cun Servizo de Gardaría para os seus fillos. Cada neno dispoñerá dunha acreditación, cos seus datos persoais e autorización asinada polo seu pai, nai ou titor acompañado do teléfono de contacto. A agrupación agradece que se faga a inscrición do servizo de gardaría con anterioridade ao día do servizo, para poder facer unha programación de actividades por idades dos participantes.

Para máis información a Agrupación Deportiva Vincios, pon a disposición a web: www.advincios.blogspot.com, o correo electrónico This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou o teléfono 699 67 00 85