^ Ir arriba

novas

Thursday, 12 March 2015 18:55

O concello de Gondomar deu comezo o repintado dos pasos de peóns

Coa fin de mellorar a seguridade vial e dos cidadáns, no día de onte o concello de Gondomar, deu comezo o repintado dos pasos de peóns; co fin de levar a cabo estes traballos de mantemento, procedeuse a adquisición de unha máquina pintar viais e pintura. A decisión de compra de este tipo de maquinaria non foi levada a cabo por ningún goberno anterior, o que permitirá non ter dependencia de axentes externos, para renovar cando sexa necesario a capa de pintura deste tipo de elementos, mellorando deste xeito a súa visibilidade.

No pleno do pasado xoves o portavoz do PSOE de Gondomar, Paco Ferreira solicitaba a data de comezo do repintado dos pasos de peóns, o que o concelleiro de Medio, Carlos González, lle respondeu que " aínda que dispuñan de todo o necesario, esperarían a que mellorasen as condicións climatolóxicas, e en canto estivera bo tempo comezarían co pintado dos pasos de peóns".

O concelleiro de Medio, Carlos González, lamenta o oportunismo político que leva a cabo o señor Ferreira, publicando no mesmo día que dan comezo os traballos de pintado dos pasos de peóns, unha nota de prensa denunciando a súa iniciación; cando dende o concello de Gondomar se está cumprindo co que se lle anunciara no pasado pleno, empezando no día de onte, os traballos de repintado en 9 pasos de peóns no casco urbano de Gondomar.