^ Ir arriba

novas

Thursday, 30 October 2014 10:41

O alcalde de Gondomar participa na entrega de diplomas do programa Clara

O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, fixo entrega esta mañá no Salón de Plenos de Baiona e xunto aos alcaldes do Val Miñor, dos diplomas do programa Clara dirixido a incrementar a inserción laboral das mulleres.

Durante o programa, desenvolvido na Mancomunidade do Val Miñor e en colaboración co Instituto da Muller e o Fondo Social Europeo, o 45% das participantes conseguiu a inserción laboral, das cales, o 23% mantén a día de hoxe o seu posto. A maior parte dos empregos desempeñados foron temporais e durante a estación de verán, ao ser o sector servizos o predominante na Mancomunidade do Val Miñor.

O programa desenvolveuse en tres módulos fundamentais: Motivación Persoal, Motivación para o Emprego e Técnicas de Busca de Emprego e Formación Ocupacional. Unha vez finalizada a parte teórica, as 31 mulleres participantes realizaron prácticas en empresas da Mancomunidade coa fin de aplicar os coñecementos adquiridos durante a formación ás situacións laborais reais e incrementar as posibilidades de inserción laboral ao estar en contacto directo co mecanismo empresarial.