^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

O sábado 6 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio Lois Tobío, a través da Concellería de Igualdade e en colaboración coa Deputación de Pontevedra, terá lugar a proxección da película colaborativa Visións, enmarcada no proxecto da Deputación de Pontevedra "Cinema e muller", que ten por obxectivo visibilizar as creadoras do audiovisual da provincia para promover unha maior participación das mulleres na creación da cultura e da arte.

 

Aberto o prazo de inscrición no Conservatorio Elemental de Música de Gondomar.
 
Durante todo o mes de Maio estará aberto o prazo de inscrición para o acceso ao Conservatorio Elemental de Música de Gondomar para o vindeiro curso 2019/2020. Poderase escoller entre varios instrumentos como clarinete, saxofón, violín, viola, guitarra ou piano, e actividades complementarias como orquestra, coro, concertos e conferencias.
 
Máis información: 986360746(mañás), 986389283(tardes) ou na páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/cmuselementalgondomar

PREINSCRICIÓN ONLINE

 

Thursday, 27 April 2017 11:06

Campionato provincial do CPA Gondomar

O vindeiro sábado 29 de Abril celebrarase o Campionato Provincial de Cadete a Senior no Pavillón do Carmen (Travesas) organizado polo Club Castrelos.

3.-LUGAR DE EXECUCIÓN

Mercado Municipal de Abastos do Concello de Gondomar, situado na rúa Rosalía de Castro, n.° 4. O emprazamento e extensión de cada posto detállanse no plano do Prego de Cláusulas.

O Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros convídavos a participar no IV certame literario do Día das Letras Galegas de acordo coas seguintes bases:

Esta fin de semana tivo lugar o II Trofeo Internacional Concello de Vigo, organizado polo CP Vagalume Celtamotor e onde participaba o Club Patinaxe Artístico Gondomar en grupos pequenos conseguindo revalidar título ao subirse ao máis alto do podium, acompañados polo Club Carpa Viqueira de Vigo e O Fontiñas de Santiago.

Contratación de 21 traballadores/as a través da liña 3, emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2017.Finaciado pola Deputación de Pontevedra.

O sábado 6 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio Lois Tobío, a través da Concellería de Igualdade e en colaboración coa Deputación de Pontevedra, terá lugar a proxección da película colaborativa Visións, enmarcada no proxecto da Deputación de Pontevedra "Cinema e muller", que ten por obxectivo visibilizar as creadoras do audiovisual da provincia para promover unha maior participación das mulleres na creación da cultura e da arte.

Hoxe comeza a lectura do libro “Os Bolechas no camiño da igualdade” nos colexios de Gondomar. A actividade, que se desenvolverá no CEIP Souto Donas, CEP Xosé Neira Vilas e CEIP Chano Piñeiro, correrá a cargo do alcalde, Paco Ferreira, a concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro, e funcionarios do Departamento de Igualdade.

O concello de Gondomar anuncia que o último luns de abril acaba o ciclo de mercadiños que ata agora se celebraba os luns.

Rss