^ Ir arriba

novas

Wednesday, 19 April 2017 10:29

O 6 de maio comeza a feira dos Sábados de Gondomar.

O concello de Gondomar anuncia que o último luns de abril acaba o ciclo de mercadiños que ata agora se celebraba os luns.

A nova etapa comeza o primeiro sábado de maio, día 6.
O loxística necesaria xa está estudada, co marcado e sinalizado dos novos postos, coa habilitación dun dispositivo e normativa para a recollida do lixo xerado, etc.
Os técnicos de Polícia Local teñen establecido un dispositivo de sinalización e de estacionamentos potenciais que se habilitarán nas zonas dos institutos e pavillón.
Todos estaremos atentos ao funcionamento nos primeiras xornadas sabatinas para comprobar o funcionamento dos dispositivos propostos, e para responder as demandas que a nova situación requira.
O principal obxectivo deste cambio de data semanal, é revitalizar as trasaccións econòmicas no concello entre os seus propopios habitantes, servir de reclamo para a chegada de novos visitantes ou dar servicios na vila a persoas que non teñen hábito de acudir a Gondomar.
Desde a Concellería de Comercio estamos moi preocupados pola fráxil situación na que se atopa o comercio e hostalería local. Pesamos que esta pode ser unha das medidas que revitalice o noso tecido económico terciario.

Pero, ao tempo, dende a Concellería de Comercio e Turismo, estamos a promover reunións con comerciantes e hosteleiros para informar doutros proxectos e iniciativas da Concellería que poidan vigorizar o sector, para conversar sobre a súa conveniencia ou urxencia, para pulsar as súas inquedanzas, para escoitar outras propostas que nos poidan trasladar.
Ambas reunións terán lugar no Centro Neural de Gondomar o Xoves día 20. As 17,30 cos hosteleiros e as 20,45 cos comerciantes.

Xa falta algo menos para unha nova etapa do comercio de Gondomar.

Fotos da sinalización dos postos para o mercado dos sábados:

marcado feira1 marcado feira2

marcado feira3 marcado feira4