^ Ir arriba

novas

Thursday, 20 April 2017 11:08

Contratación de 21 traballadores/as a través do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra

Contratación de 21 traballadores/as a través da liña 3, emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2017.Finaciado pola Deputación de Pontevedra.

O Plan Concellos 2017 é un plan financiado con fondos propios da Deputación de Pontevedra destinado á colaboración nas obras e servizos de competencia municipal dos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.

Un dos eixes principais deste plan é o emprego. En calquera concello, con independencia do seu nivel de desenvolvemento, a base para impulsar de forma crecente e sostible a prosperidade, a cohesión e a inclusión social é contar cunha oferta suficiente de emprego. Por iso este Plan permite que os concellos destinen unha parte importante da cantidade que lles corresponde á prestación de servizos de competencia municipal de forma directa por medio da contratación de persoal desempregado inscrito no servizo público de emprego, sempre respectando a preferencia na contratación dos colectivos máis desfavorecidos e a debida adecuación salarial á cualificación profesional dos postos que se van cubrir, co límite mínimo do salario mínimo interprofesional que estea vixente en cada momento.

Captura de pantalla 2017 04 20 a las 11.15.34