^ Ir arriba

novas

Thursday, 27 April 2017 11:06

Campionato provincial do CPA Gondomar

O vindeiro sábado 29 de Abril celebrarase o Campionato Provincial de Cadete a Senior no Pavillón do Carmen (Travesas) organizado polo Club Castrelos.

O Club Patinaxe Artístico contará con 6 representantes na modalidade de libre Masculino e Feminino que serán Xose Cruz, María Balboa, Alba Franco, Andrea López, Denis Alonso e Iria Boullosa todos eles coa intención de obter prazas cara ao autonómico que se celebrará o próximo mes de Maio.

Co desexo de conseguir a clasificación de todos, defenderán o programa obrigatorio e libre para optar no autonómico ás prazas que permitan a súa participacion nos seus respectivos nacionais.

Dende o CPA Gondomar fan extensiva a invitación a todos aqueles que queiran gozar dunha xornada de patinaxe acompañando a estes prometedores deportistas.